Chove fóra! Non podo saír. Desde a miña xanela
vexo a xente correr debaixo dos paraugas.
Chove fóra! E o meu pensamento non quere ficar
prisioneiro comigo.
El, veleiro incansable sobre o mar azul,
sóltase das súas amarras e voa libremente cal gaivota no ar.
Chove fóra! Mas a miña imaxinación xa está cos
pés mollados a correr na area salgada da praia.
Chove fóra! Pero todo o meu ser está a sentir.
Sentir o arrecendo do mar. Escoitar o rouco son do bater incesante das ondas
contra as rochas. Música que leva con ela todos os meus pesares, a miña
melancolía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario