E o ano, pouco a pouco, vaise despedindo,
levando todo o que nos aconteceu: momentos felices, alegrías e tristuras,
pensamentos e desexos, historias de chegadas, encontros, e tamén de despedidas... De todo un pouco... Un ano en que fixemos plans, soñamos e continuamos
este noso camiño na vida... Triunfamos ou ficamos derrotados, mais non
podemos reclamar de perdas, obstáculos e pedras no camiño, de chuvas e desafíos,
porque iso é a vida...

E así, aos poucos, o ano vaise despedindo, pero coa seguridade de que aquí estaremos e seguiremos a andar polos carreiros da vida, confiando en que neste novo ano que está aquí xa ás portas, neste 2014 mellores días virán!!!
Este é o meu desexo para todos vós, amigos e
lectores de Camelia Branca Do Ar: Que 2014 veña cargado de novas metas, novos
soños, novas enerxías para realizar esas conquistas, de vitorias e alegrías, de
sabedoría e de moita PAZ! ¡Feliz 2014!!!