sábado, 24 de setembro de 2016

Río Aloucado Rumbo Ao Mar Da Fantasía


A miña vida, o meu tempo
É coma un río desbocado...
        Este río que velaí vai aloucado...      
   Rumbo ao mar da miña fantasía...
Mary Carmen

sábado, 3 de setembro de 2016

Pontevedra Na Feira Franca 2016

E xa están aquí os meus dragóns favoritos!
Aparecen sempre no medio das rosas, nos xardíns de Casto Sampedro, a nai a coidar do fillo saído do ovo!

E é que Pontevedra está inmersa na Feira Franca, en plena Idade Media!
A Praza da Ferrería vibra de ledicia e xente!
Cos artesáns afanados no seu traballo.
 Veredes alí os nobres cos seus roupaxes.
Veredes os cabalos pola cidade.
Os bois a carrexar o viño de Castela.
Os burros coas súas alforxas.
E ata dragóns a botar lume...
 CLICAR AQUÍ E VER MÁIS FOTOS DA FEIRA FRANCA

mércores, 17 de agosto de 2016

¡Feliz Cumpleaños, Cris!

 ¡Feliz Cumpleaños, Cris!

Ola Kicho:
Hoxe é o teu aniversario
E como ves non nos esquecemos de ti...
Porque ti non estás aquí preto de nós
Pero si continúas a estar 
Nos nosos corazóns...
Ti non estás aquí...
Ti estás onde o sol esperta,
Onde o vento manda bicos,
E por iso o sorriso sempre brilla...
Moitos bicos e ata cando ti queiras...
Nós estamos sempre 
Aquí! 

xoves, 11 de agosto de 2016

Arrandearme Co Canto Das Ondas

Cando era pequena gustábame moito arrandearme durante horas e horas…
Era só sentarme e comezar a dar impulso co meu corpo, adiante e atrás, atrás e adiante...
E axiña estaba a voar alto, moi alto...
Era a campeona! Ninguén conseguía acadar o punto que eu tocaba cos meus pés...
E mentres estaba alí, dálle que dálle, que eufórica sensación corría polas miñas veas!
Era sensacional!
E a parte final non lle quedaba atrás...
Pois eu, para acabar, non deixaba que a arrandeeira perdera as forzas e, mentres estaba no máis alto, collía e soltábame, e dando un pincho coa lixeireza do meu gato negro, saltaba moi alto e caía de pé, lonxe do alcance da que ata alí tiña sido a miña compañeira de voo...
Agora, que xa pasou un tempiño, lembro con saudade aqueles tempos felices e despreocupados da miña nenez, mentres me deixo levar polo doce bambán arrolada co canto das ondas...

xoves, 28 de xullo de 2016

A Lembranza Do Amor Vaite Traer Para A Casa

"... Porque o amor existe para consolarte
E naqueles momentos de dificultade
En que esteas moi so
A lembranza do amor
Vaite traer para a casa..."


Perhaps Love - John Denver & Plácido Domingo  

E cando chegamos ás 70.500 visitas quero deixarvos este vídeo e estas palabras da canción “Perhaps Love” de John Denver. Imaxes e palabras cheas de emoción para todos vós, amigos e lectores. Moitas grazas por estar aí!

venres, 22 de xullo de 2016

Galicia Paraíso Máxico!

Galicia moito máis que un paraíso... En cada recuncho podémolo sentir...
Sentir ese aquel especialmente máxico...
Sol... Mar... Area... Praia... Ermida... A Lanzada!

sábado, 16 de xullo de 2016

Días De Verán Coloridos E Floridos

Días de verán... Coloridos e floridos... Momentos de disfrutar, agora e sempre...
Porque como alguén con moita sabedoría dixo unha vez “a vida é para bicos profundos, aventuras estrañas, conversas aleatorias e camiñadas sen destino...”

mércores, 6 de xullo de 2016

Flores: Ledicia Para A Alma

Flores...
Elas enchen a nosa vida de ledicia...
As súas cores enchen de sorrisos as nosas facianas...
O seu recendo impregna a nosa alma,
E cando as palabras non chegan aos nosos beizos
Elas falan por nós...

luns, 4 de xullo de 2016

Verán, Sorrisos E Flores

Verán... Sol...
Ledicia de cores,
Sorrisos  
                      E Flores...!                       

sábado, 11 de xuño de 2016

Bonito Voar Da Bolboreta No Arrecendo Do Vento


Que bonito é 
O voar da bolboreta…                
Así, pode sentir o suave vento,          
Os fíos de orballo a caer sobre ela...
Ulir o sutil arrecendo 
Das flores máis belas,
Percibir a brisa fresca nas súas ás,
Escoitar o rechouchío dos paxaros
Nas alegres mañás de primavera...
Eses que, acubillados no niño,
Cantan e cantan para nós
A súa sinuosa canción.

domingo, 29 de maio de 2016

O Tempo, O Mellor Profesor

Todos sabemos que o tempo é o mellor profesor.
El é quen, ao fin e ao cabo, 
pon sempre as cousas no seu sitio.
Deixémonos de presas, 
acouguemos un pouco...
Esquezamos as preguntas, 
aquietemos o corazón 
e deixemos que el fale por nós.
Con claridade e firmeza, 
el daranos as respostas 
e contará as nosas historias 
porque é quen de verdade as coñece.
Así ficarán inesquecibles 
e perdurarán por sempre.

martes, 17 de maio de 2016

A Estrela Sen Nome: Manuel María

A estrela sen nome


Eu sei dunha estrela
perdida nos ceios,
irmá dos meus soños                                               e dos meus anceios.

A estrela rebrila
cando miro pra ela
cos ollos abertos
i ollada sinxela.

Eu sei que esa estrela
perdida na noite
si cecais lle falo,
cecais ela escoite.

Eu sei dunha estrela
cal outra non vin:
¡si eu ollo pra ela,
ela olla pra min!                                                             

¡Eu sei dunha estrela!
¡Coa estrela eu soñei:
si ten nome ou non
é o que eu non sei!
Manuel María

sábado, 7 de maio de 2016

Un Sorriso E Unha Flor

Teño tanta ansia de sentir o calor do sol na miña pel que me parece velo en todas partes.
Porque non hai nada mellor que prestarlle atención a todo o que nos rodea.
Non importa que o sol fique un pouquiño máis a durmir entre as súas sabas de nubes. 
Cun sorriso e unha flor, nós podemos facer brillar o noso día! 
Claro que sí!

sábado, 30 de abril de 2016

Sempre Hai Unha Persoa Que Espera A Outra

Sempre existe no mundo unha persoa que espera a outra, xa sexa no medio do deserto ou no medio dunha gran cidade.
E aquí estou eu... Ás portas do castelo, á espera do meu príncipe azul... Seguro que non ha de tardar... 

sábado, 16 de abril de 2016

Aquí Estou A Esperar O Encanto Dun Solpor

E aquí estou eu a esperar
Que chegue o bo tempo 
E traia con el unha raiola de sol.
Aquí estou eu a esperar 
Poder ver as estrelas 
Dun ceo estrelado 
Ao tempo que escoito os grilos 
Lanzar ao aire a súa leda cantinela.
Aquí estou eu 
No meu recanto,                        
Ansiosa de contemplar 
O encanto dun solpor, 
Ese momento máxico 
No que o sol pinta de tantas cores 
A liña do infinito.
Aquí estou eu a abrir 
As xanelas do futuro, 
Sempre confiando no mellor.

sábado, 9 de abril de 2016

Na Arrandeeira Co Aloumiño Do Vento Na Cara

Cando era pequena, nena inqueda e soñadora, gustábame moito columpiarme. Unhas cordas e unha táboa eran abondo para chegar ata a Lúa.
Pasaba horas e horas alí a arrandearme de diante para atrás nun ir e vir infinito.
Impulsábame e impulsábame con todas as forzas ata que xa non se podía ir máis alá.
Non había quen chegara máis alto ca min.
Non había ninguén máis feliz que aquela nena de sorriso sincero, que aproveitaba todos os instantes da vida.
¡E que liberdade chegaba ata o corazón naqueles instantes en que voaba e voaba, só co aloumiño do vento na cara, espallados polo aire os longos remuíños do meu pelo!
E ti, ¿xa sentiches a vertixe de soltarte e lanzarte en pleno voo ata o chan, lonxe, moi lonxe das ataduras, para caer de pe, así sen mais, cal acróbata de circo?
¡Ese era o mellor e inigualable final!

sábado, 2 de abril de 2016

A Relaxante Tranquilidade Do Mar, Xardín Segredo

Como relaxa e fai ben á alma poder parar un instantiño e ficar simplemente a ollar a tranquilidade do mar!
E é que ás veces na nosa vida preséntansenos momentos únicos, momentos sinxelos pero tan marcantes, que só por eles merece a pena estar alí, diante da inmensidade azul, coa solitaria compañía dunha gaivota a voar.
Alí, en tardes soalleiras, parece que nos atopamos no noso espazo segredo, o noso refuxio, o noso xardín máis recendente, onde nada nos incomoda e onde podemos sentar devagar a lembrar os feitos do pasado, a adiviñar o noso porvir, ou a mirar apenas para a vida pasar.

mércores, 23 de marzo de 2016

Soño Polo Ceo Poder Voar

Que bo é estar aquí ó fresco,
Deixar a pel respirar sen roupa
E sentir directamente a caricia do aire,
Esa sutil caricia arredor do meu corpo.

Deixo os meus pensamentos vagar
En tanto a miña mente se aclara.

Sinto cóxegas nas costas.
E imaxino que aínda son
Aquela nena chea de soños.

Que non ficaba sentada,
Que insistía e persistía con tesón.
E, aínda que cal estatua, calada
Agarraba con forza a variña da ilusión.

Ás veces desexaba ter ás
E polo ceo poder voar.
E, sabedes unha cousa?

Teño a certeza total
Que foi outro soño
Que logrou acadar.
Por que será?

luns, 14 de marzo de 2016

Cabalos, Raios De Ledicia E Luz


Galopando monte arriba,
cheos de forza e de sol
non sentían ningunha dor.

Os seus corpos galanos
relucían destacados 
contra o arboredo.

O vento, capitán xoguetón,
lanzaba as longas crinas
lonxe dos brillantes lombos.

E eu, alí, estática,
estatua muda e admirada,
simplemente a velos pasar...

Cabalos...
raios de ledicia e luz!

martes, 9 de febreiro de 2016

A Vida É Un Carnaval!?

Hai quen pensa que a vida é un carnaval e levan sempre unha máscara posta.
A máscara da hipocresía...
Esa máscara dálles poder e fai que os demais os vexan como persoas encantadoras, envexables e cunha vida a imitar...
Pero un día a máscara cae... 
E detrás dela vai todo o demais... 
E din que o tombo é moi duro...
Por iso, aproveita o Entroido!
                                            pero vive a vida sen máscaras!

sábado, 30 de xaneiro de 2016

Tediosa Espera, Triste Quimera



A noite xa está a caer
E ti non das chegado.
Sinto saudades da túa presenza,
Daquela túa ansia urxente de min.
Agora aquí estou
Simplemente  
A deixar caer
As pétalas da margarida...
Unha... Dúas... Tres...
Si... Non... Si...
Pero ti onda min aínda non estás.
Ai que tediosa
É esta longa espera...
Que non pasa de ser
Unha triste quimera!

mércores, 20 de xaneiro de 2016

A Noite Caía Mansiña


A noite caía mansiña e sosegada,
A presenza da chuva facíase notar.
As últimas follas,                                   Das súas pólas escapadas,
Eran levadas     
E empurradas 
De acá para alá.
Só o noso banco, 
Triste e solitario,                 
Sabía da túa ausencia.
Só a miña alma, 
Ciumenta e saudosa,
Precisaba da túa presencia
Sempre tenra e amorosa.

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Chove Lá Fóra Saudade De Ti



E como chove lá fóra!!!
E chove... E chove...
E  non deixa de chover...
E así está o meu corazón
Porque ti non queres aparecer
Meu lindo e lonxano amor!
O meu paraugas vermello
Enchóupase de saudade
E, mentres, o mar
Brúa e berra o teu nome
Que nunca a min
Como entón há de tornar!

domingo, 10 de xaneiro de 2016

Misterio E Maixa: Deixarse Levar

Hai veces que hai que deixarse levar polo misterio e a maxia.
Entrar sen medo e con ilusión nas intrincadas veredas do noso camiño!
O Sol sempre estará aí a iluminar o noso paso.                                         

mércores, 6 de xaneiro de 2016

O Mundo Nas Túas Mans!

Todos temos un mundo de soños no noso interior.
Ilusións que un día pensamos que imos alcanzar.
E iso é bo. Os soños mantéñennos cos polos cargados de positividade.
E agora que este ano acaba de comezar é un bo momento para tentar acadalos.
Así que , non o dubides! Ponte mans á obra!
Tes O Mundo Nas túas Mans!                                                

xoves, 31 de decembro de 2015

¡Un Excelente Ano 2016 Para Todos Nós!

¡Chinchín! Un Excelente Ano 2016 Para Todos Nós, Amigos, Lectores E Familiares!
 ¡Que o novo ano traia o sosego da paz, e a receita da felicidade!

domingo, 27 de decembro de 2015

Tornado Meniño Brinca Cos Meus Soños

Nun medio día de fin de primavera
Tiven un soño como unha fotografía
Vi Xesús Cristo descer á Terra,
Chegou pola costa dun monte
Tornado outra vez meniño,                    
A correr e a rolar  pola herba                                  

E a arrancar flores para deitalas fóra
E a rir de modo que se ouvise de lonxe.

...........................................................
El dorme dentro da miña alma
E ás veces esperta de noite
E brinca cos meus soños,
Vira uns de pernas para o ar,
Pon uns enriba dos outros
E bate as palmas soíño
Sorrindo para o meu sono.
Alberto Caeiro (F. Pessoa)

mércores, 23 de decembro de 2015

Xa Está Aquí O Nadal!

E un ano máis... Así de repente... Xa está aquí O Nadal!!!
Desde o blogue Camelia Branca do Ar os meus mellores desexos para todos vós nestas festas tan familiares!
CLICADE NA FOTO PARA VER UNHA PRESENTACIÓN DE BOS DESEXOS
nb

xoves, 17 de decembro de 2015

No Silencio Dun Abrazo

A miña amiga ten unha mágoa... 
Eu quixera dicirlle palabras de consolo...
Mas o don da palabra non é o meu...
Verdade que xa nos pasou algunha vez?
E que facer entón?
Pois estar aí.... Iso é o que importa!                                
Ás veces non precisamos de palabras para axudar e animar a un amigo!
Saber escoitar tamén é importante!
Cando non sabemos o que dicir, e a tristeza é profunda, un simple abrazo, unha mirada de complicidade, de partillar a pena, chega ata a alma!
Poder acoller un amigo no noso ombreiro e no silencio de un abrazo iso fai moito ben!
Os nosos ombreiros sempre están aí para acoller os amigos! É francamente fantástico poder dicir a un amigo: Se precisas de un ombreiro, eu teño dous! Se precisas de alguén que te escoite, esa persoa son eu! Non o penses dúas veces...!

mércores, 9 de decembro de 2015

O Mar E As Túas Pegadas Na Area

Vou camiñando a través do tempo
E co debullar dos anos, 
Dos meses e dos días,
Miro en fite os acontecementos 
Pasar e deambular.
A paisaxe é fermosa ao meu redor,
Pero, o camiño polo que piso,
Non ten chan para facer resoar 
O meu cansado paso.
Por iso, todo é silencio ao meu carón.
E é entón que a imaxe do mar aparece,
Coas túas pegadas na area.
Para encher de saudade 
                                                                                        O meu corazón.

martes, 24 de novembro de 2015

Tempo De Outono E Magostos


Tempo de Outono,
Tempo de magostos,
Tempo de comer castañas.
Tempo de tisnar a cara.
Tempo de brincar 
Por riba da fogueira.   
Tempo de voltar para tras
E revivir a infancia... Sempre!

mércores, 28 de outubro de 2015

Especiais Tardes De Outono

As tardes de outono non cabe dúbida de que teñen un aquel especial...
E que bo é cando nos deixamos levar e sacamos os nosos ollos e o corpo todo a pasear e empaparse de todas as fermosuras do noso arredor.
A nosa alma fica chea e encántase con todo!
Deixémola disfrutar!

sábado, 17 de outubro de 2015

Folla, Poeira, Invisible



Cando eu for, un día deses,
Poeira ou folla levada
No vento da madrugada,
Serei un pouco do nada
                   Invisible, delicioso...
Mario Quintana