Leves serán os nosos pasos se doces son os
nosos pensamentos.
xoves, 25 de agosto de 2016
mércores, 17 de agosto de 2016
¡Feliz Cumpleaños, Cris!
¡Feliz Cumpleaños, Cris!
Ola Kicho:
Hoxe é o teu aniversario
Aquí!
Ola Kicho:Hoxe é o teu aniversario
E como ves non nos esquecemos de ti...
Porque ti non estás aquí preto de nós
Pero si continúas a estar
Nos nosos corazóns...
Nos nosos corazóns...
Ti non estás aquí...
Ti estás onde o sol esperta,
Onde o vento manda bicos,
E por iso o sorriso sempre brilla...
Moitos bicos e ata cando ti queiras...
Nós estamos sempre Aquí!
xoves, 11 de agosto de 2016
Arrandearme Co Canto Das Ondas
Cando era pequena gustábame moito arrandearme
durante horas e horas…
Era só sentarme e comezar a dar impulso co meu
corpo, adiante e atrás, atrás e adiante...
E axiña estaba a voar alto, moi alto...
E axiña estaba a voar alto, moi alto...
Era a campeona! Ninguén conseguía acadar o punto que eu tocaba cos meus pés...
E mentres estaba alí, dálle que dálle, que eufórica
sensación corría polas miñas veas!
Era sensacional!
E a parte final non lle quedaba atrás...
Pois eu, para acabar, non deixaba que a
arrandeeira perdera as forzas e, mentres estaba no máis alto, collía e soltábame,
e dando un pincho coa lixeireza do meu gato negro, saltaba moi alto e caía de pé,
lonxe do alcance da que ata alí tiña sido a miña compañeira de voo...
Agora, que xa pasou un tempiño, lembro con
saudade aqueles tempos felices e despreocupados da miña nenez, mentres me deixo
levar polo doce bambán arrolada co canto das ondas...
xoves, 28 de xullo de 2016
A Lembranza Do Amor Vaite Traer Para A Casa
"... Porque o amor existe para consolarte
E naqueles momentos de dificultade
En que esteas moi so
A lembranza do amor
Vaite traer para a casa..."
Perhaps Love - John Denver & Plácido Domingo
E cando chegamos ás 70.500 visitas quero
deixarvos este vídeo e estas palabras da canción “Perhaps Love” de John Denver. Imaxes e palabras
cheas de emoción para todos vós, amigos e lectores. Moitas grazas por estar aí!
venres, 22 de xullo de 2016
sábado, 16 de xullo de 2016
mércores, 6 de xullo de 2016
Flores: Ledicia Para A Alma
Flores...
Elas enchen a nosa vida de ledicia...
As súas cores enchen de sorrisos as nosas
facianas...
O seu recendo impregna a nosa alma,
E cando as palabras non chegan aos nosos
beizos
luns, 4 de xullo de 2016
sábado, 11 de xuño de 2016
Bonito Voar Da Bolboreta No Arrecendo Do Vento
Os fíos de orballo a caer sobre ela...
Ulir o sutil arrecendo
Das flores máis belas,
Das flores máis belas,
Percibir a brisa fresca nas súas ás,
Escoitar o rechouchío dos paxaros
Nas alegres mañás de primavera...
Eses que, acubillados no niño,
Cantan e cantan para nós
A súa sinuosa canción.
domingo, 29 de maio de 2016
O Tempo, O Mellor Profesor
Todos sabemos que o tempo é o mellor profesor.
El é quen, ao fin e ao cabo,
El é quen, ao fin e ao cabo,
Deixémonos de presas,
acouguemos un pouco...
acouguemos un pouco...
Esquezamos as preguntas,
aquietemos o corazón
e deixemos que el fale por nós.
Con claridade e firmeza,
el daranos as respostas
e contará as nosas historias
porque é quen de verdade as coñece.
Así ficarán inesquecibles
e perdurarán por
sempre.
martes, 17 de maio de 2016
A Estrela Sen Nome: Manuel María
A estrela sen nome

Eu sei dunha estrela
perdida nos ceios,
irmá dos meus soños e dos meus anceios.
A estrela rebrila
cando miro pra ela
cos ollos abertos
i ollada sinxela.
Eu sei que esa estrela
perdida na noite
si cecais lle falo,
cecais ela escoite.
Eu sei dunha estrela
cal outra non vin:
¡si eu ollo pra ela,
ela olla pra min!
¡Eu sei dunha estrela!
¡Coa estrela eu soñei:
si ten nome ou non
é o que eu non sei!

Eu sei dunha estrelaperdida nos ceios,
irmá dos meus soños e dos meus anceios.
A estrela rebrila
cando miro pra ela
cos ollos abertos
i ollada sinxela.
Eu sei que esa estrela
perdida na noite
si cecais lle falo,
cecais ela escoite.
Eu sei dunha estrela
cal outra non vin:
¡si eu ollo pra ela,
ela olla pra min!
¡Eu sei dunha estrela!
¡Coa estrela eu soñei:
si ten nome ou non
é o que eu non sei!
Manuel
María
sábado, 7 de maio de 2016
Un Sorriso E Unha Flor
Teño tanta ansia de sentir o calor do sol na
miña pel que me parece velo en todas partes.
Porque non hai nada mellor que prestarlle
atención a todo o que nos rodea.
Non importa que o sol fique un pouquiño máis a
durmir entre as súas sabas de nubes.
Cun sorriso e unha flor, nós podemos facer brillar o noso día!
Claro que sí!
Cun sorriso e unha flor, nós podemos facer brillar o noso día!
Claro que sí!
sábado, 30 de abril de 2016
Sempre Hai Unha Persoa Que Espera A Outra
Sempre existe no mundo unha persoa que espera
a outra, xa sexa no medio do deserto ou no medio dunha gran cidade.
E aquí estou eu... Ás portas do castelo, á
espera do meu príncipe azul... Seguro que non ha de tardar...
sábado, 16 de abril de 2016
Aquí Estou A Esperar O Encanto Dun Solpor
Que chegue o bo
tempo
E traia con el unha raiola de sol.
Aquí estou eu a esperar
Poder ver as estrelas
Dun ceo estrelado
Ao tempo que escoito os grilos
Lanzar ao aire a súa leda
cantinela.
Aquí estou eu
No meu recanto,
No meu recanto,
Ansiosa de contemplar
O encanto dun solpor,
Ese momento máxico
No que o sol pinta de tantas cores
A liña
do infinito.
Aquí estou eu a abrir
As xanelas do futuro,
Sempre confiando no mellor.
sábado, 9 de abril de 2016
Na Arrandeeira Co Aloumiño Do Vento Na Cara
Cando era pequena, nena inqueda e soñadora,
gustábame moito columpiarme. Unhas cordas e unha táboa eran abondo para chegar ata a Lúa.
Pasaba horas e horas alí a arrandearme de
diante para atrás nun ir e vir infinito.
Impulsábame e impulsábame con todas as forzas
ata que xa non se podía ir máis alá.
Non había quen chegara máis alto ca min.
Non había ninguén máis feliz que aquela nena de
sorriso sincero, que aproveitaba todos os instantes da vida.
¡E que liberdade chegaba ata o corazón
naqueles instantes en que voaba e voaba, só co aloumiño do vento na cara,
espallados polo aire os longos remuíños do meu pelo!
E ti, ¿xa sentiches a vertixe de soltarte e
lanzarte en pleno voo ata o chan, lonxe, moi lonxe das ataduras, para caer de
pe, así sen mais, cal acróbata de circo?
¡Ese era o mellor e inigualable final!
sábado, 2 de abril de 2016
A Relaxante Tranquilidade Do Mar, Xardín Segredo
Como
relaxa e fai ben á alma poder parar un instantiño e ficar simplemente a ollar
a tranquilidade do mar!
E é
que ás veces na nosa vida preséntansenos momentos únicos,
momentos sinxelos pero tan marcantes, que só por eles merece a pena estar alí, diante da inmensidade azul, coa solitaria compañía dunha gaivota a voar.
Alí, en tardes soalleiras, parece que nos
atopamos no noso espazo segredo, o noso refuxio, o noso xardín máis recendente,
onde nada nos incomoda e onde podemos sentar devagar a lembrar os feitos do
pasado, a adiviñar o noso porvir, ou a mirar apenas para a vida pasar.
mércores, 23 de marzo de 2016
Soño Polo Ceo Poder Voar
Que bo é estar aquí ó fresco,
Deixar a pel respirar sen roupa
E sentir directamente a caricia do aire,
Esa sutil caricia arredor do meu corpo.
Deixo os meus pensamentos vagar
En tanto a miña mente se aclara.
Sinto cóxegas nas costas.
E imaxino que aínda son
Aquela nena chea de soños.
Que non ficaba sentada,
Que insistía e persistía con tesón.
E, aínda que cal estatua, calada
Agarraba con forza a variña da ilusión.
Ás veces desexaba ter ás
E polo ceo poder voar.
E, sabedes unha cousa?
Teño a certeza total
Que foi outro soño
Que logrou acadar.
Por que será?
luns, 14 de marzo de 2016
Cabalos, Raios De Ledicia E Luz
cheos de forza e de
sol
non sentían
ningunha dor.
Os seus corpos
galanos
relucían destacados
contra o arboredo.
O vento, capitán
xoguetón,
lanzaba as longas
crinas
lonxe dos brillantes
lombos.
E eu, alí,
estática,
estatua muda e
admirada,
simplemente a velos
pasar...
Cabalos...
Cabalos...
raios de ledicia e
luz!
xoves, 25 de febreiro de 2016
martes, 9 de febreiro de 2016
A Vida É Un Carnaval!?
A máscara da hipocresía...
Esa máscara dálles poder e fai que os demais
os vexan como persoas encantadoras, envexables e cunha vida a imitar...
Pero un día a máscara cae...
E detrás dela vai todo o demais...
E din que o tombo é moi duro...
E detrás dela vai todo o demais...
E din que o tombo é moi duro...
Por iso, aproveita o Entroido!
pero vive a vida sen
máscaras!sábado, 30 de xaneiro de 2016
Tediosa Espera, Triste Quimera

A noite xa está a caer
E ti non das chegado.
Sinto saudades da túa presenza,
Daquela túa ansia urxente de min.
Agora aquí estou
Simplemente
A deixar caer
As pétalas da margarida...
Unha... Dúas... Tres...
Si... Non... Si...
Pero ti onda min aínda non estás.
Ai que tediosa
É esta longa espera...
Que non pasa de ser
Unha triste quimera!
mércores, 20 de xaneiro de 2016
A Noite Caía Mansiña

A noite caía mansiña e sosegada,
A presenza da chuva facíase notar.
As últimas follas, Das súas pólas escapadas,
Eran levadas
E empurradas
De acá para alá.
De acá para alá.
Só o noso banco,
Triste e solitario,
Triste e solitario,
Sabía da túa ausencia.
Só a miña alma,
Ciumenta e saudosa,
Ciumenta e saudosa,
Precisaba da túa presencia
Sempre tenra e amorosa.
mércores, 13 de xaneiro de 2016
Chove Lá Fóra Saudade De Ti
domingo, 10 de xaneiro de 2016
Misterio E Maixa: Deixarse Levar
Hai veces que hai que deixarse levar polo
misterio e a maxia.
O Sol sempre estará aí a iluminar o noso paso.
mércores, 6 de xaneiro de 2016
O Mundo Nas Túas Mans!
Todos temos un mundo de soños no noso interior.
Ilusións que un día pensamos que imos
alcanzar.
E iso é bo. Os soños mantéñennos cos polos
cargados de positividade.
E agora que este ano acaba de comezar é un bo
momento para tentar acadalos.
Así que , non o dubides! Ponte mans á obra!
Tes O Mundo Nas túas Mans!
xoves, 31 de decembro de 2015
¡Un Excelente Ano 2016 Para Todos Nós!
¡Chinchín! Un Excelente Ano 2016 Para Todos Nós,
Amigos, Lectores E Familiares!
¡Que o novo ano traia o sosego da paz, e a
receita da felicidade!
domingo, 27 de decembro de 2015
Tornado Meniño Brinca Cos Meus Soños
Nun medio día de fin de primavera
Tiven un soño como unha fotografía
Vi Xesús Cristo descer á Terra,
Chegou pola costa dun monte
Tornado outra vez meniño,
A correr e a rolar pola herba
E a arrancar flores para deitalas fóra
E a rir de modo que se ouvise de lonxe.
Tiven un soño como unha fotografíaVi Xesús Cristo descer á Terra,
Chegou pola costa dun monte
Tornado outra vez meniño,
A correr e a rolar pola herba
E a arrancar flores para deitalas fóra
E a rir de modo que se ouvise de lonxe.
...........................................................
El dorme dentro da miña alma
E ás veces esperta de noite
E brinca cos meus soños,
Vira uns de pernas para o ar,
Pon uns enriba dos outros
E bate as palmas soíño
Sorrindo para o meu sono.
E brinca cos meus soños,
Vira uns de pernas para o ar,
Pon uns enriba dos outros
E bate as palmas soíño
Sorrindo para o meu sono.
Alberto Caeiro (F. Pessoa)
mércores, 23 de decembro de 2015
Xa Está Aquí O Nadal!
E un ano máis... Así de repente... Xa está aquí
O Nadal!!!
Desde o blogue Camelia Branca do Ar os meus mellores
desexos para todos vós nestas festas tan familiares!
CLICADE NA FOTO PARA VER UNHA PRESENTACIÓN DE BOS DESEXOS
xoves, 17 de decembro de 2015
No Silencio Dun Abrazo
Mas o don da palabra non é o meu...
Verdade que xa nos pasou algunha vez?
E que facer entón?
Pois estar aí.... Iso é o que importa!
Ás veces non
precisamos de palabras para axudar e animar a un amigo!
Saber escoitar tamén
é importante!
Cando non sabemos o que dicir, e a tristeza é profunda, un simple abrazo, unha mirada de
complicidade, de partillar a pena, chega ata a alma!
Poder acoller un
amigo no noso ombreiro e no silencio de un abrazo iso fai moito ben!
Os nosos ombreiros
sempre están aí para acoller os amigos! É francamente fantástico poder dicir a
un amigo: Se precisas de un ombreiro, eu teño dous! Se precisas de alguén que
te escoite, esa persoa son eu! Non o penses dúas veces...!
mércores, 9 de decembro de 2015
O Mar E As Túas Pegadas Na Area
Vou camiñando a través do tempo
E co debullar dos anos,
Dos meses e dos días,
Miro en fite os acontecementos
Pasar e deambular.
A paisaxe é fermosa ao meu redor,
Pero, o camiño polo que piso,
Non ten chan para facer resoar
O meu cansado paso.
Por iso, todo é silencio ao meu carón.
E é entón que a imaxe do mar aparece,
Coas túas pegadas na area.
Para encher de saudade
O meu corazón.
martes, 24 de novembro de 2015
Tempo De Outono E Magostos
mércores, 28 de outubro de 2015
Especiais Tardes De Outono
As tardes de outono non cabe dúbida de que
teñen un aquel especial...
E que bo é cando nos deixamos levar e sacamos
os nosos ollos e o corpo todo a pasear e empaparse de todas as fermosuras do
noso arredor.
A nosa alma fica chea e encántase con todo!
Deixémola disfrutar!
sábado, 17 de outubro de 2015
Folla, Poeira, Invisible
sábado, 3 de outubro de 2015
Cara A Un Mar De Aventuras
O tempo está a pasar.
Gran a gran, o reloxo de area da vida,
Está a se baleirar.
Pero eu,
Neste meu camiñar,
Non quero ollar para atrás.
De aí é de onde veño,
A paisaxe xa a coñezo.
Os meus pasos levaranme
Sempre cara adiante.
Os carreiros preséntanse ante min
E convídanme a entrar
Naquelas adustas paraxes.
Eu sei que para min
Un mar infinito de aventuras,
Soños novos polos que loitar
E tormentas en noites escuras.
A miña alma susúrrame:
Adiante!
mércores, 30 de setembro de 2015
Entre Barcos De Papel
"Direiche como naceu a ledicia,
como nace o vento entre barcos de papel,
Como nace a auga ou o amor..."
Eugénio de Andrade
como nace o vento entre barcos de papel,
Como nace a auga ou o amor..."
Eugénio de Andrade
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























