martes, 23 de abril de 2013

Brincar por Riba Das Turbulencias Da Vida

Hai veces na vida en que non temos máis remedio que lidar con problemas. E é a forma de nos enfrontar a eles a que define a nosa maneira de ser.
Hai quen decide parapetarse detrás de unha barreira e facer como que as turbulencias da vida non existen e simplemente fican alí, estáticos... Hai quen decide sortear os baches, ou mesmo pasar por debaixo da barreira... Parece que así xa está todo superado...
Eu non son así... Eu prefiro sempre saltar por riba... Así parece que os problemas fanse máis pequenos debaixo de min...
E ti? Como sorteas as turbulencias da vida?
Sexa como sexa o bo é non ficar parado por tras da barreira a ver a vida pasar... O bo é sempre continuar, por baixo, ou por riba, dá igual...Pero sempre, sempre vivir a vida.

mércores, 17 de abril de 2013

Unha Cura De Amor

Unha cura de amor todos necesitamos...
Unha cura de amor... Sempre ven ben!!!
Eu Non encontro medicamento mellor!!!     
 E ti???

venres, 12 de abril de 2013

O Mellor Lugar Do Mundo


Ás veces quero viaxar lonxe,
moi lonxe...
Pero hoxe só quero ficar aquí...
Aquí onde ti estás...

Porque sen lugar a dúbidas,
o mellor lugar do mundo
é sempre ao lado
de quen me fai feliz...
E ese es ti!!!

domingo, 7 de abril de 2013

Ser Brisa A Voar No Ceo Azul

   Ás veces non sei que quero ser...
Ás veces quero ser moitas cousas...
                           Pero, eu, hoxe só quería ser                            
Esa brisa laranxa
A voar polo ceo azul diluído
Nesa nube pintada de cinza.
Se cadra, así, podería chegar lonxe,
Aí, a onde ti estás...
E así, devagar,
Poder simplemente
Rozar a túa pel
Mais unha vez.
Mary Carmen 

luns, 1 de abril de 2013

Saudade E Lembranzas Alegres

Hai veces en que sentimos inmensas saudades de persoas que xa non están aquí, de persoas que sabemos xa nunca poderán estar ao noso carón....
E ás veces, eu sei, esa saudade provoca unha dor inmensurable...
Pero non debemos deixarnos arrastrar pola dor... Temos que tratar de arrinca-la de dentro de nós e deixa-la saír....
Se podemos chorar, choremos, as bágoas axudan...
Se podemos oír música, tamén a música axuda...
E buscar un lugar no que poidamos berrar alto, berrar forte para botar fora ese grito que nos afoga o peito e así deixar dentro de nós só as lembranzas alegres...
Pois é verdade que aqueles que amamos sempre están con nós... Por iso a lembranza é boa... E de seguro que o lembrar eses momentos felices vai facer aparecer un sorriso no noso rostro.

xoves, 28 de marzo de 2013

La Saeta, Cantar Al Cristo De Los Gitanos

¡Oh, la saeta, el cantar
al Cristo de los gitanos,
siempre con sangre en las manos,
                                 siempre por desenclavar!                                  
                    ¡Cantar del pueblo andaluz,                      
que todas las primaveras
anda pidiendo escaleras
para subir a la cruz!
¡Cantar de la tierra mía,
que echa flores
al Jesús de la agonía,
y es la fe de mis mayores!
¡Oh, no eres tú mi cantar!
¡No puedo cantar, ni quiero
a ese Jesús del madero,
sino al que anduvo en el mar!
Antonio Machado


martes, 19 de marzo de 2013

Mitigar A Dor De Un Amigo!

Amigo Tony!
Eu sei da túa dor!
Eu sei da túa rebeldía contra a inxustiza da vida!
Eu sei da túa impotencia por non poder mudar nada!
Eu sei de esas palabras que tu escrebes para botar fora 
a dor que che corroe a alma!
“Apetece-me gritar de revolta.
Um grito d´alma que se ouve do outro lado do mundo!”
 E... Sí... As túas palabras chegan á miña alma
e un arrepío estremecedor recorre todo o meu corpo...
Un arrepío que eu quero hoxe unir ao teu grito...
Din por aí que a unión fai a forza... 
Poida ser que así, de esta maneira, 
estas palabras, que non son tan lindas como as túas, 
poidan mitigar un pouco a túa dor!
Quixera que non fosen só palabras, 
mas a distancia impide calquera outra mostra de afecto, comprensión e cariño... 
Mas ti xa sabes que tes todo iso. 
Por iso desde aquí, na distancia...
E en estes momentos tan tristes e difíciles para ti e a túa familia
Aquele Abraço Amigo Tony!

xoves, 14 de marzo de 2013

Vivir A Vida Con Alegría

Vive a vida sempre con alegría.... Leva un sorriso no teu rostro, porque sorrir é amar!
Por iso... Onde queira que te atopes, sorrí sempre e deixar as penas fuxir!!!

venres, 8 de marzo de 2013

Para ti Muller!

Daquelas que cantan as pombas e as flores
Todos din que teñen alma de muller;
Pois eu que n`as canto,Virxe da Paloma,
Ai!, de que a terei?
Rosalía de Castro (Follas Novas

mércores, 6 de marzo de 2013

A Igrexa Mariñeira

O sol axionllado aos pes de Cristo morto
reza unha lenta salve encol das lousas frías,
e as lampariñas tecen douradas letanías
de penumbras e luz, de fe e de recordo.

                           Unha vella labrega debulla o seu rosario;
seu rosario de días, de mágoas e de arelas. 
I o lume da alma súa antre o lume das velas
é luar aldeán vestidiño de branco.
                             Luís Amado Carballo

xoves, 28 de febreiro de 2013

Saber Camiñar E Deixar Pegadas Doces

E neste noso camiñar pola vida está claro que algo do camiño vai apousentando en nós. Algo vai deixando a súa marca...

 Pero tamén é certo que vamos deixando algo de nós no camiño e  na xente... E é bo que isto pase porque “poder deixar doces pegadas no corazón de un amigo, fai parte de saber camiñar con amor”.....

martes, 26 de febreiro de 2013

Pachy E Mary: Que Dúas!

E aí estades as dúas... Que dúas!!! A sorrir! Pachy e Mary, Mary e Pachy!

E hoxe que a dor está con unha de vós, alí está tamén a outra... Así os momentos duros e o susto pasan axiña e o sorriso xa está aquí outra vez, na vosa cara e na miña tamén!

venres, 22 de febreiro de 2013

Dicir, Falar, Ollar, Sentir E Escoitar

Algunha xente pensa que hai certas cousas que se din mellor estando calados...
Si... É certo, hai cousas que se din mellor simplemente con un ollar...
Pero tamén é bo poder dicir abertamente os nosos sentimentos e saber que temos alguén que nos escoita. Saber que alguén está á espera do que nós temos por dicir....
E que bonito é escoitar aquelas palabras que desexamos na boca desexada...
Por iso, se tés algo que dicir, non fiques calado. Corre, vai axiña e di todo o que encerras na túa alma! A vida é un suspiro... Non deixes nada por dicir!

martes, 19 de febreiro de 2013

De Lonxe Heite De Amar

De lonxe  heite 
de amar,
da tranquila distancia
en que o amor 
é saudade
e o desexo,
constancia.
Cecília Meireles

sábado, 16 de febreiro de 2013

Chove Para Que Eu Soñe

 “Caen as follas...
Sinto unha cousa
Que se pousa en min e non me toca.
E chove para que eu soñe,
Para que eu soñe
Fala a tarde baixiño.”
         Uxío Novoneyra          

xoves, 14 de febreiro de 2013

Conmemorar O Amor Por San Valentín

E parece que hoxe é o día oficial de festexar o amor.
O día de San Valentín.
Eu penso que hai que mimar o amor todos os días, con palabras cariñosas, con aloumiños suaves, con bicos roubados, con abrazos apertados, con momentos apaixonados... Cultivar o amor as vinte e catro horas, todos os días do ano... Mais non quero quedar atrás e... Vamos alá a conmemorar pois! 

"Amo como ama o amor. Não conheço nenhuma outra razão para amar senão amar. Que queres que te diga, além de que te amo, se o que quero dizer-te é que te amo?" Fernando Pessoa 

mércores, 13 de febreiro de 2013

Quitar A Máscara É Mellor

E xa por fin, hoxe mércores de cinza, xa é a hora...
A hora de poder quitar de enriba de nós a carauta que puxemos estes días de carnaval...
Veña!!! Ti, si, ti tamén!!! Non fiques con ela posta...
É hora de voltarmos a ser nós mesmos... 




"Quitei a máscara e vinme ao espello.
Era a criatura de hai cantos anos.
Non tiña mudado nada...
É esa a vantaxe de saber quitar a máscara.
Ése sempre pequeno.
O pasado que foi
A criatura.
Quitei a máscara e volvín poñela.
Así é mellor,
Así sen máscara.
E volto á personalidade como a un término de liña."
Álvaro De Campos, in “Poemas”.
Heterónimo de Fernando Pessoa.

sábado, 9 de febreiro de 2013

Xa É Tempo De Carnaval!

E polo que parece xa estamos de cheo metidos no Carnaval...
Carnaval, Entroido, esa época en que podemos poñer unha máscara e finxir que somos outra persoa... Outra persoa mellor ou peor... Aquela que sempre quixemos ser...
Pero eu tamén coñezo moitas que levan a carauta posta o ano enteiro. Persoas que saben finxir. Persoas hipócritas que por diante aparentan unha cousa e por detrás son de unha forma totalmente diferente. Persoas con éxito a quen a sociedade festexa e os amigos admiran.
E eu que sempre vou coa verdade por diante... Hai veces que me pregunto: Debería mudar a miña forma de ser? Debería eu tamén levar carauta o ano enteiro?? Sería eu capaz de facelo???

luns, 4 de febreiro de 2013

Camelia Branca Do Ar: 25000 Grazas

E así, paseniño, case sen querer o blogue Camelia Branca Do Ar atinxe as 25.000 visitas, 25.000 cariños de persoas amigas. Eu, agradecida, só podo decir iso: Moitas grazas a todos os que estades aí a seguir, a ler, a ver o que eu escribo....
Por iso hoxe volvo a deixar o poema de Federico García Lorca que dá nome ao Blogue: Camelia Branca Do Ar. E deixo o poema e deixo canción... Que os disfrutedes e como sempre: Muito Obrigada!... Thank You Very Much!... Merci Beaucoup!... ¡Muchas Gracias!... Tante Grazie!... Danke Schön!... ¡Moitas Grazas!

sábado, 2 de febreiro de 2013

Dime Amor Como Te Son Querida

Dime, amor, como te son querida,
cóntame a gloria do teu soño eleito,
Aníñame a sorrir xunto ao teu peito,
Arráncame dos pantanos da vida.


Embriagada en unha estraña lidia,
Traio nas mans o corazón desfeito,
Móstrame a luz, ensíname o precepto
Que me salve e levante redimida!

Florbela Espanca

domingo, 27 de xaneiro de 2013

Por Camiños De Luceiros



Por camiños de luceiros
enfondados na distancia,
a túa voz sinfoniza
os ecos da miña alma.
Luis Amado Carballo

domingo, 20 de xaneiro de 2013

Amigos Para Sempre

Nestes días de chuva e vento, hai momentos de conversa arredor dun café, en que inevitablemente se termina falando da amizade.
E eu penso que a amizade hai que sentila. Pero ten que ser un sentimento de ida e volta... Quero dicir que para que haxa amizade necesítanse polo menos dúas persoas. Non se pode ser amigo de alguén se ese alguén non quere.
Por iso encontro moi acertado aquel vello refrán que di: “Quen ten un amigo, ten un tesouro”!
Un amigo, esa persoa especial con quen podemos compartir, partillar xogos, lecturas, poemas, películas, música... E claro está, tamén compartimos aqueloutra parte de nós que ninguén máis coñece: os nosos segredos!
E sabemos que podemos confiar en que continúen a ser iso: SEGREDOS

venres, 18 de xaneiro de 2013

Momentos De Vivir A Vida

Momentos de inmovilidade... Tempos de cambios, de mudanzas nas nosas vidas... Momentos de grande alegría ...Fases de tristeza... Todos sentimos... É normal... Somos humanos, e é sinal de que estamos vivos... Sinal de que estamos a vivir a vida! Iso é o que importa... Por iso: Vive A Vida!

sábado, 12 de xaneiro de 2013

¡Viva A Música: Melodía E Ritmo!

A estas alturas xa todos sabedes que adoro a música... Calquera tipo e estilo de música... E é que a Música di todo. Ela expresa todo o que queremos dicir... A música fala todas as linguas... Con palabras, sen palabras... E por iso todo o mundo comprende e sinte cada vez que escoitamos un son...Con melodía, con ritmo... A Música está aí ao noso lado en calquera ocasión... Nos mellores momentos e tamén nos outros... Sempre que o precisamos... Por iso: ¡VIVA A MÚSICA!!!!!!!!!

xoves, 10 de xaneiro de 2013

¡Son Aquela!


¡Son aquela!
 Son aquela sempre soia
que paseaba a ribeira
a ver si nela atopaba,
a ver si nela afogaba.
María Mariño

sábado, 5 de xaneiro de 2013

Admirar Os Pequenos Detalles Da vida

E aquí estamos en un novo comezo de ano... E é bo lembrar que a vida comeza todos os días...
E é bo poder ter a capacidade de poder admirar as cousas belas da vida... Mesmo os máis pequenos detalles! ... E é bo espirnos de nós mesmos e admirar a vida coa alma de ese neno que aínda latexa en nós!!!!!

luns, 31 de decembro de 2012

Paz E Esperanza En Un Feliz 2013!

O tempo pasa, e xa temos aí o ano novo 2013  a petar na nosa porta. O tempo pasa e nós imos camiñando con el. E ao tempo que camiñamos, os nosos pasos van quedando atrás. Van ficando aí, no chan e van deixando as nosas pegadas ao pisar. Pegadas de todo aquilo que xa se foi, e que xa nunca máis volta...
Anonovo-camelia
Por iso, eu, Camelia Branca Do Ar, quero vos animar a mirar cara a diante, o futuro está á nosa espera: soños do que un día será realidade con cada día que nace.
Que en 2013 os nosos pasos nos acheguen e nos leven, con unha camelia no pelo ou na solapa, por camiños de paz e de esperanza.
CLICAR NA FRECHA NEGRA PARA ESCOITAR A MÚSICA DE ABBA: HAPPY NEW YEAR!

venres, 28 de decembro de 2012

A Alegría Reinou Por Uns Días

E xa había un tempo
en que a casa estaba practicamente solitaria...

E de repente e, pola Maxia do Nadal, voltou a estar chea de falas, de risos e gargalladas, de contos e anécdotas lembrando aqueles tempos en que vós, os catro fantásticos, erades aínda nenos...
E A alegría reinou de novo por uns días!!! 
Cris: Só nos faltaches ti!!!!!!!!!!!!!!!!!

luns, 24 de decembro de 2012

¡Xa É Nadal! ¡Feliz Nadal!

E xa está aquí de novo O Nadal, un momento doce e cheo de significado na vida de moita xente. En todo o universo, nacen, tamén unha vez máis, a esperanza de paz  e o soño da prosperidade.
CLICAR NA FOTO PARA VER UNHA PRESENTACIÓN DO NADAL
 
E eu, querería, que este día, en que parece que todos nos amamos, non fose somentes no 25 de Decembro. Eu querería que Nadal fose todos os días do ano. Días de axudar aos máis débiles, de estar cos pequenos, de mirar polos máis necesitados. E que todos os días do ano pudésemos ter un momento para ir plantando a semente da comprensión e  da tolerancia para así ir construíndo realmente unha terra en donde non existisen diferenzas e en que se puidesen salvar todos os obstáculos que separan as persoas, os pobos. Só así poderíamos entoar conxuntamente unha Panxoliña de PAZ. E xa nada máis, seguramente cada un de vós, amigos e lectores de  Camelia Branca Do Ar, teredes a vosa propia mensaxe, porque a verdadeira mensaxe é a que sae do noso corazón e chega ao corazón de aqueles que nos acompañan neste noso camiñar que é a vida. Nada, que ¡Xa é Nadal!,¡Feliz Nadal!

sábado, 22 de decembro de 2012

Nada É Para Sempre

E aínda que O Mundo tal e como o coñecemos non acabou onte, aínda que continúa aquí, o certo é que nada é para sempre... O mesmo que cando camiñamos na area e vamos deixando atrás as nosas pegadas... Pegadas efímeras, destinadas a durar só uns instantes... 
Outras pegadas de outras persoas farán que as nosas desaparezan, se oculten... Ou un vento, vento, ventiño mareiro, desfigurará o seu trazo... E como non, o mar co seu vai e ven... O mar, as ondas, a auga, nada deixarán do noso pasar, do noso pisar... Nada é para sempre!

sábado, 15 de decembro de 2012

Desexos De Ter Unha Vara Máxica

Ás veces, eu, desexaba poder ter unha variña máxica e poder facer maxia....
E así, doadamente, apenas con un so pase de maxia, poder arrombar as cousas dos meus, familiares e amigos...
E poder facer de unha vez, unha vida máis feliz para todos vós...
Con un truco de maxia, facer desaparecer todos os vosos problemas e disfrutar sabendo que sodes felices...
Poder ver a felicidade entrar de cheo por todos vós a dentro, e instalarse alí para nunca saír...
Mais, infelizmente, non son ningunha fada e non teño variña máxica...
Entón só podo deixar as miñas palabras e desexar todo o mellor para agora e sempre!!!!!!!!

mércores, 12 de decembro de 2012

Días De Ceos Azuis

E parece que o Nadal xa anda por aí...
E é nestas datas que nos decatamos tamén da difícil situación que estamos a pasar.
Miro ao meu redor e persoas que antes eran un axóuxere, agora están a se tornar pesimistas e fican desilusionadas e sen gañas de continuar a loitar no seu día a día...

E eu sempre lles digo que todo o mellor está por vir:
Días mellores que hoxe están aí, á nosa espera.

Días de ceos azuis que levarán para moi lonxe as nubes da tristura ...
Días de augas tranquilas e calmas que lavarán a desconfianza e deixarán apenas sorrisos nos nosos beizos. Sorrisos a aledar as nosas caras e a  iluminar os nosos corazóns!...
 

domingo, 9 de decembro de 2012

Tocar, Amar, Sentir Con Todos Os Sentidos

Cando amamos sentimos necesidade de ter perto de nós á persoa obxecto do noso amor.
Sentimos necesidade de poder abrazar, de poder tocar... Poder demostrar o noso afecto.
E é que a química, din, inflúe nunha relación, pero a física, indudablemente que tamén inflúe, e moito. 
Entón de aí esa nosa necesidade de se abrazar, de poder tocar fisicamente, de poder acariñar o cabelo, de poder facer un aloumiño, de rozar pele con pele... 
E é que é moi bo poder estar, xuntos, moi xuntos, corpo con corpo, notando o latexar do noso corazón ao ritmo do outro corazón... Oír a nosa respiración ao compás da outra respiración... 
En fin... Sentir con todos os sentidos e non só coa alma!!! 

mércores, 5 de decembro de 2012

Unha Luz Ilumina O Camiño

Sempre hai unha luz a iluminar o noso camiñar pola vida... Esa luz pode vir do noso interior . E poida que ás veces, a nosa luz fique sen forza, sen brillo... Mais non debemos desistir de continuar. Algo extraordinario pode acontecer: O bico de un fillo, as palabras de unha persoa amiga, o abrazo de un irmán, o amor de un esposo... Feitos estes marabillosos... E velaí a nosa luz unha vez máis resplandecente e refulxente!