
E
eu penso que a amizade hai que sentila. Pero ten que ser un sentimento de ida e
volta... Quero dicir que para que haxa amizade necesítanse polo menos dúas
persoas. Non se pode ser amigo de alguén se ese alguén non quere.
Por iso encontro moi acertado aquel vello refrán
que di: “Quen ten un amigo, ten un tesouro”!
Un amigo, esa persoa especial con quen podemos
compartir, partillar xogos, lecturas, poemas, películas, música... E claro está,
tamén compartimos aqueloutra parte de nós que ninguén máis coñece: os nosos segredos!
E sabemos que podemos confiar en que continúen
a ser iso: SEGREDOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario