Ás veces atópome a pensar nas diversas situacións
da vida. E véñenme á cabeza eses momentos en que nos toca ser fortes e non podemos amosar os nosos
sentimentos...
Temos que simular unha forza que, non sei de onde a
quitamos,
pero sí, ela aparece, guardiana permanente do noso existir.
E son eses
momentos os que fan que os demais pensen que podemos con todo o que nos
boten...
Pero a mim gústanme máis os instantes de
suavidade, de xeitos fráxiles, en que nos despimos da coraza de dureza e
podemos amosarnos tal e como somos. E deixamos soltos os cabalos dos nosos
sentimentos a galopar pola realidade e chegando nun trote suave ata os que
temos ao noso carón. Entón, eles decátanse tamén da nosa fraxilidade e envólvennos no manto sempre agarimoso dun abrazo...
E senta tan ben!!!!
Que chuly es esa foto.
ResponderEliminarTienes razón, Inés! Las flores siempre son chulis! :)
ResponderEliminar