Xa falei aquí no blog de que hai persoas que pasan
a vida levando unha máscara. Esa máscara é a que mostran cando están diante de quen lles interesa. Esa máscara axúdaos a triunfar, a ser alguén na
sociedade na que viven. Pero cando quitan a máscara son persoas completamente
diferentes e mostran a ruindade que está
no seu interior.
Hoxe quero volver a falar de máscaras pero doutras totalmente
diferentes.
Pois tamén penso que hai caretas que serven de
escudo e protección a persoas sensibles, que non amosan a súa boa realidade porque
queren afastarse de si mesmas e dos demais. Están con medo de ficar magoadas e actúan con temor de non poder recuperarse das feridas.
E eu quixera hoxe animar a esas persoas a que solten a goma da carauta, que se
liberen do seu anteface, que deixen a coraza na casa e que sexan capaces de deixarnos descubrir a súa sensibilidade e a beleza que, de
seguro, hai no seu interior.
Nós ensinarémoslles que non hai nada mellor
que mostrarnos tal e como somos. Así é como realmente vamos estar en paz con nós
mesmos e vamos conquistar aquilo que nos importa de verdade... Porque non hai
cousa más bonita que a verdade!!!
Que disfraz tan bonito y brillante.
ResponderEliminarEso mismo pienso yo.
ResponderEliminarUn día tenemos que disfrazarnos todos así...
;)
Claro que si profe Mary Carmen:);)
ResponderEliminarSi teneis razón o incluso nos podemos disfrazar aun mejor jijijijijiji...espero que lo passeis bien en el carnaval besos nos vemos el lunes
ResponderEliminar