Un día que conmemora a loita da muller por atinxir todos os dereitos,
en todas as actividades da vida, en igualdade co home.
Xa vos contei aquí no
blogue, que foi elixida esta data, en homenaxe a aquelas operarias dunha fábrica,
en folga, para reivindicar mellores condicións de traballo, alá polo século XIX, en Nova Iorque, e que foron
encerradas e queimadas na fábrica por atreverse a tal.
Desde aquela, moito tempo ten pasado, moitas máis mulleres continuaron a loita e moito se
ten conseguido.
Pero non podemos parar e pensar que xa está
todo feito. Non podemos sentarnos a ver a vida pasar.
Aínda hai moito por facer. E sobre todo
teríamos que evitar os retrocesos naquilo que xa temos conquerido.
Por iso, a loita continúa!
Profe tu también eres muy trabajadora.
ResponderEliminarEso es Inés, ¡las mujeres siempre al pie del cañón!
ResponderEliminar:)