"A flor máis
fermosa perde un día a súa beleza. Pero unha amizade fiel dura por sempre."
Eu tamén penso o mesmo que o noso grande poeta... Pero tamén se me dá por cavilar
que amizades así hai moi poucas...
Infelizmente no mundo materialista de hoxe
co que máis nos encontramos é con persoas que o que persiguen é simplemente o
propio beneficio.
Entón búscante, fanse “amigos” teus porque precisan de algo
que ti tes, para eles medraren de algunha maneira... Mas cando xa conseguiron o
pouco, ou o moito que ti podías ofrecer, ou cando aparece no horizonte outro “amigo”
que lles proporciona outras ou mellores posibilidades que contigo non atopan, alá
que marchan coa nova adquisición deixándote a ti atrás, tirado coma un trapo que
xa non serve para nada.
E o peor non é ese “abandono”. O peor é a sensación de desprezo
que che queda de ter sido “usado” sen ti darte conta. Porque ti por ese amigo
dabas todo... Porque ti pensabas que a amizade era de verdade... Pero resulta
que non o era...
E así é a vida...
Ningún comentario:
Publicar un comentario