sábado, 11 de xuño de 2022

Capaces De Facerme Acadar 305.000 Visitas, Moitas Grazas!

 En nadiña, coa vosa presenza, fostes capaces de facerme acadar máis das 305.000 Visitas! Moitas Grazas!

A primavera está case a se despedir... Eu déixome arrolar polas ondas do mar mentres sinto a calor da raiola do sol sobre a miña pel... antes de que se perda e desapareza no horizonte... E é que hai momentos tan lindos que non se pagan con cartos!

venres, 3 de xuño de 2022

Cargar Co Mellor E Sacudir Lastres Do Camiño

Querida amiga: que ben que estás aí para escoitarme!

Gústame que me coñezas agora cando vou cargado co mellor de min… pois os lastres do meu camino xa os fun sacudindo…

Así e todo…Teño saudade de certas lembranzas... pois a meirande parte delas foise extraviando na miña tumultuosa vida…

 Para ti Xoán, Amigo! Grazas pola túa amizade e por partillar palabras e algúns minutos da túa vida comigo!

venres, 20 de maio de 2022

O Encanto E Felicidade De 300.000 Visitas! Grazas!

 300.000 Visitas! Quen mo ía dicir? Algo que me parecía imposible pero aí están! Moitas grazas a todos os que por aquí pasades!

 E lembrade que a felicidade está en saber aproveitar o encanto de cada instante!

venres, 13 de maio de 2022

Poesía De Florencio Delgado, Letras Galegas 2022

 Este ano O Día Das Letras Galegas celebra a obra de Florencio Delgado Gurriarán. Velaquí unha pequena mostra da súa poesía:

Ahí ven o Maio pola porta do xardín,

ahí ven o maio de enterrar ao pai Abril,

O Maio garrido cansiño de chorar,

enxoitou o seu pranto con panos de luar.

Ahí ven o Maio pola porta da campía

ahí ven o maio, galán da cotovía,

O Maio garrido tiña un cambai brunedo,

o sol espafarrapóullo côs seus dourados dedos.

......................................................................

Ahí ven o Maio pola porta do soutelo,

ahí ven o Maio có seu colete amarelo.

O Maio garrido, nos intres de vagar,

có mestre rouxinol adeprende a cantar.

................................................................

Ahí ven o Maio. ¡Ábrelle as portas, moza,

que trai, por gorentarte, caraveles e rosas!

sábado, 23 de abril de 2022

Mergullar Sempre Nas Augas Do Mar

 O Mar.... O Mar... Sempre estivo, está e estará aí para min...

As súas aguas envólvenme coa súa maxia e aínda que estexa lonxe sempre volto ao seu carón...

Mollar as mans e camiñar pola area cos pés mollados, deixando as pegadas atrás,  é algo que non ten prezo...

Lembro telo visto moi bravo, negra e bulideira a súa superficie... Metía medo! Tamén o vin liso coma un prato, onde eu mesma non tiña medo de poder mergullar... 

Sí..., mergullar... porque..., nadar..., nadar... Iso era outra cousa!

domingo, 3 de abril de 2022

Moedas No Pozo Dos Desexos: Tempo Volta Atrás!

 Cando era nena o tempo semellaba pasar moi devagar... Quería vivir tantas experiencias que non me daba o día para todo o que o meu maxín argallaba.

 E agora, tantos anos despois, decátome de que en realidade a vida corre que voa! E sinto que aínda me queda tanto por facer!!!

Quen dera poder dicir: oh, tempo volta para atrás, e que así puidese acontecer... Mais é só un soño! E o vello pozo a onde tirei a moeda, fica só como testemuña dos meus desexos.