Cando era nena o tempo semellaba pasar moi devagar... Quería vivir tantas experiencias que non me daba o día para todo o que o meu maxín argallaba.
E agora, tantos anos despois, decátome de que
en realidade a vida corre que voa! E sinto que aínda me queda tanto por facer!!!
Quen dera poder dicir: oh, tempo volta para atrás, e que así puidese acontecer... Mais é só un soño! E o vello pozo a onde tirei a moeda, fica só como testemuña dos meus desexos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario