Nestes días de verán achégome moitas veces preto do mar...
É calmo e relaxante deixarse levar por estreitos camiños que nos falan de xente doutrora.
No ar aínda resoan ecos das súas vidas
tan distintas ás de agora... ao mesmo tempo que as ondas do mar achéganse ata a
costa e bícana sen parar. O seu son é case un arrolo e nos beizos
deposítase un suave arrecendo a sal...
Ningún comentario:
Publicar un comentario