Tes dúbidas? Pois eu téñoo moi claro: queda con quen cada día che dedique o mellor dos seus sorrisos, un sorriso deses de orella a orella e que se reflicte nun ollar brillante e luminoso. Un ollar que só olla para ti... Ti, e só ti estás no seu punto de mira...
Queda con quen no medio dunha multitude sabe
buscarte, localízate, sabe sempre onde estás e non deixa de ollar para ti, só preocupado
por se ti estás a pasalo ben, ou non...
Queda con quen, ainda que teña que estar
ollando enfrente, se ti estás á súa esquerda, está a ollar para a esquerda...
onde ti estás, aínda que os demais, mesmo ti, fiquen a ollar enfrente...
Queda con quen nunca pensa en si mesmo... só pensa en ti... ti es a súa prioridade... Queda con quen chega mesmo a arriscar a súa vida para estar contigo onde queira que ti estás...
Queda con quen non dubida de ficar contigo
para ir camiñar, aínda que teña un compromiso minutos máis tarde, nunha
localidade lonxana, pero decide ficar contigo para non estares soa...
El xa irá algo máis tarde a voar na súa moto...(pensas ti...)
En fin... ti xa sabes con quen quedar... Iso
téñoo ben claro: non o vas deixar
escapar... Ti non queres que sexa libre... Senón que estea baixo o teu
dominio... E... polo que se ve estalo a conseguir... Ti gañas sempre! Sabes
como conseguilo, verdade?
Nós, as que só queremos e damos amor, fronte á
túa maña, ficamos de lado...
Ningún comentario:
Publicar un comentario