Andamos sempre acelerados a correr de aquí para alí!
Tanto é así que ás veces alguén está ao noso
carón e nin ollamos para el, ou se o facemos é de refilón.
Paramos se cadra a dicir un ola!
Pero xa fuximos para outro lado coma se tivésemos
medo de que nos dea unha chanchada.
Ás veces de quen máis axiña fuximos é de quen
sempre está aí para nós, nos momentos bos e nos menos bos. Persoas
incondicionais pero que tamén precisan de un momento de agarimo, unha caricia,
unha aperta, un sorriso...
Están á espera con ollos ansiosos, pero non encontran
nada diso en nós, que estamos sempre de fuxida ou con tempo só para as
novidades, para as flores de un día, para as persoas de paso na nosa vida...
E non nos decatamos que, de tantas veces que
estamos a facer iso, vai chegar un momento en que deserten da nosa compañía, e
ficaremos entón sen o calor do seu abrigo, inmersos na frialdade da soidade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario