Cando se fala de amizade pénsase en algo que
se comparte con outra ou outras persoas.
E algo que sempre se di é que os amigos vense
nos momentos malos, aqueles de dificultade.
Porque hai persoas, que en nome desa amizade,
son especialistas en conseguir que os outros fagan todo o que elas queren,
favores que os amigos fan encantados tamén en aras da amizade. Por un amigo
faise todo!
Pero todos sabemos que hai os amigos de conveniencia. Os que se aproveitan da boa fé dos demais.
E así, cando chega o momento de celebrar o que queira
que sexa, no momento da verdade, os que ata alí demos todo o mellor que
sabemos, todo o noso mellor, e que facemos todo o que nos foi pedido, botando
toda a carne no asador, somos deixados a un lado. Somos pagados cun simple ola.
E quen, ese día importa, e leva os mellores
recoñecementos, quen sae na foto oficial, quen ten o honor de poder conversar co
protagonista, son as persoas recén chegadas, que ao mellor nunca máis volven a
aparecer, e que ás veces nin teñen moitas gañas de estar alí.
E incluso as persoas que non aparecen, as que
se desculpan por teléfono ou cunha mensaxe no whatsapp, reciben mellores recoñecementos,
mellores palabras, que os que estamos un día e outro día sempre a axudar.
Creo que xa me chegou a experiencia. Que me
aconteza o mesmo unha e outra vez.
Porque eu estou sempre aí, no día a día e nos
malos momentos, pero tamén me gustaría
poder estar nos momentos felices.
Porque tamén me gustaría poder disfrutar do éxito
que axudo a conseguir.
Pero como non é así, a partir de agora vou
mirar con lupa todo aquilo que se me pida facer de favor. Dá igual que sexa
amigo ou non. Disque o tempo dos parvos acabou! Vou ver se desta escarmento! Creedes
que son capaz?
Ningún comentario:
Publicar un comentario