Hai xente que pensa que o silencio é a mellor
resposta para certas ocasións.
Ó mellor non deixa de ser verdade pero eu non
concordo co silencio.
O silencio, ou mellor a falta de palabras
desespérame por momentos.
Cando queremos saber algo e non recibimos
resposta quen non desepera?
Cando todo é incertidume e non atopamos quen
nos dé unha aclaración quen non desespera?
Cando lanzas unha pregunta e non tes resposta,
non desesperas?
Eu si, moitas veces, por iso eu non son das
persoas que encontran no silencio a mellor resposta...
Prefiro mil veces a palabra...
Entón, xa sabes... Non fiques en silencio... Fálame!
Ningún comentario:
Publicar un comentario