Quixera poder ser como algunha desas persoas
que nin senten nin padecen, que dá igual o que aconteza ao seu redor, nunca se
alteran, todo lles esvara...
Eu non podo ser así... Teño dentro tanto
sentimento que necesito expresar o que me vai por dentro en calquera das
situacións que me toca vivir.
Botar para fóra, os bos sentimentos, iso é fácil. Mesmo parece que a todo o mundo lle gusta ver á xente feliz, desfrutando da
vida...
Mas... E a rabia contida que nos corre polas
veas cando nos sentimos desilusionados? E a dor de sentirse traizoado??? E a
tristura que se marca na nosa cara e que quita brillo ao noso ollar cando un
amigo nos deixa de lado???
Pois tamén terei que aprender a lidar con
iso... Terei que pasar a folla dese capítulo do libro da miña vida!!!
O que non penso facer é deixar de vivir a
vida... Porque a vida é o noso mellor regalo!!! Claro que sí!!! E a pesar de
todas as zancadiñas e as trampas que nos queiran poñer ao noso paso, a vida é
fermosa, hai que vivila e saborear todos e cada un dos moitos motivos que temos
para ser felices!!! ¡Tantos!!!!!
a camelia e unha flor preciosa eu fun hace dous anos haber a exposición das camelias e encantoume.
ResponderEliminarPois xa somos dúas , Sandra! A min tamén me encantan as camelias, por iso o meu blogue se chama así como se chama: Camelia Branca Do Ar...
ResponderEliminaro teu blogue é moi chulo dos que vin eu este é o mellor a parte do das aguias de lume
ResponderEliminarcamelia branca do ar e o mellor bloge do mundo
ResponderEliminarOla Sandra, Alicia e Inés
ResponderEliminarMoitas grazas, alégrome moite de que vos guste o meu blogue Camelia Branca Do ar
Faise o que se pode... :-)
Bicos para as tres
Mary Carmen