É outono. As árbores comezan a deixar marchar
as follas que as cobren. Elas déixanse levar collidas da man polo vento.
Algunhas voan lonxe, moi lonxe... Outras teñen unha viaxe máis curta e póusanse
ao pé do mesmo tronco que ata aí as sustentaba... Non queren fuxir, esa é a súa
casa... E xuntas unhas coas outras van formando esa sonora alfombra de tantas
tonalidades... Ai, como me gusta perder os meus pés na suavidade dese tapete
colorido mentres resoa nos meus oídos esa música que vai xurdindo do chan a cada pasada e a cada
pisada...
Adoro o Outono!
ResponderEliminarClaro que sim, Tony!!!
ResponderEliminarÉ um tempo muito lindo...
Chuva, vento... Folhas a voar no ar...
Muito obrigada Tony!