Tony, gústame moito o teu libro “O Andamento
dos Dias”.
Gústame
o seu contido e gústame esa túa maneira de escribir. Unha maneira sinxela que
pode parecer fácil a quen está a ler, pero que eu sei como é de difícil expresar
así todos os sentimentos que viven dentro de nós e que loitan por saír. E ti fas
iso: deixar que os sentimentos voen libres, ou tal vez non tan libres, xa que
eles foron pousarse nas follas do teu libro... E no teu libro achamos moitas
das cousas que nos preocupan: a sociedade, a xuventude, a saúde, a dor, a doenza...
Tantas...
E moitas outras que nos gustan: o Amor, a Familia, a Amizade..., e,
claro, a Música... E os que estamos a ler, sabemos moi ben que son as túas
vivencias, mais tal parece que tamén son as nosas, ata o punto de identificármonos
coas túas palabras que nos fan moitas veces exclamar: Ah... pero se iso tamén
me pasa a min!
Por
iso, aconsello vivamente a lectura de “O Andamento dos Dias” a todas as persoas!!!
E
a ti, Tony, muitos parabéns!! E também muito obrigada por partilhares assim os teus
estados de espírito...
E
já sabes: ficamos a aguardar o próximo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario