A miña filla Mary Carmen que agora vive en
Sevilla debido ao seu traballo, chegou a propósito a Pontevedra, para non
faltar a esta nosa cita de tódolos anos...
Xa no venres pola tarde, despois de disfrutar
de un día ao sol na praia da Lanzada, comezamos a pasar o ferro e preparar a
roupa, os pendentes, zapatos... Só deixamos para o último momento a recollida
das flores, pois así teñen unha mellor presenza, recén cortadas.
E menos mal que o sábado presentouse con unha
mañá fresquiña que nos deixou participar sen gobios do calor, no desfile ata a Igrexa da Peregrina.
Despois de escoitar o pregón, e coa algarabía
das comparsas e agrupacións folklóricas, a comitiva iniciou a súa marcha desde a
praza de Mugartegui e pasando lugares tan bonitos como a Praza da Verdura, a
Praza da Leña, a Ferrería... Chegamos diante da Igrexa da nosa Virxe peregrina.
Alí, o sol tamén se queixo unir á ofrenda e participou connosco na subida
espectacular da carroza ao santuario.
E unha vez cumprida a nosa misión, unímonos á
alegría reinante na cidade do Lérez polo comezo da semana grande das festas.
E ti, sí, ti que estás a ler... Anímate, ven,
e participa ti tamén, non quedes fóra... Pontevedra paga a pena de ser
visitada!!!!
Pontevedra é boa vila Dá de beber a quen pasa!!!!
Qué lindas tradiciones tienen ustedes!
ResponderEliminar