E nesta nosa pasaxe viaxeira pola vida algo de
nós queda no camiño e moito do camiño permanece tamén en nós: os sentimentos,
as emocións, as vivencias...
martes, 28 de agosto de 2012
sábado, 18 de agosto de 2012
Ofrenda Floral Á Virxe Peregrina 2012
E un ano máis estamos aquí a cumprir a tradición
de participar na Ofrenda Floral á Virxe Peregrina.
A miña filla Mary Carmen que agora vive en
Sevilla debido ao seu traballo, chegou a propósito a Pontevedra, para non
faltar a esta nosa cita de tódolos anos...

Xa no venres pola tarde, despois de disfrutar
de un día ao sol na praia da Lanzada, comezamos a pasar o ferro e preparar a
roupa, os pendentes, zapatos... Só deixamos para o último momento a recollida
das flores, pois así teñen unha mellor presenza, recén cortadas.
E menos mal que o sábado presentouse con unha
mañá fresquiña que nos deixou participar sen gobios do calor, no desfile ata a Igrexa da Peregrina.
Despois de escoitar o pregón, e coa algarabía
das comparsas e agrupacións folklóricas, a comitiva iniciou a súa marcha desde a
praza de Mugartegui e pasando lugares tan bonitos como a Praza da Verdura, a
Praza da Leña, a Ferrería... Chegamos diante da Igrexa da nosa Virxe peregrina.
Alí, o sol tamén se queixo unir á ofrenda e participou connosco na subida
espectacular da carroza ao santuario.
E unha vez cumprida a nosa misión, unímonos á
alegría reinante na cidade do Lérez polo comezo da semana grande das festas.
E ti, sí, ti que estás a ler... Anímate, ven,
e participa ti tamén, non quedes fóra... Pontevedra paga a pena de ser
visitada!!!!
Pontevedra é boa vila Dá de beber a quen pasa!!!!
martes, 14 de agosto de 2012
Mensaxe Escrita Nas Estrelas

Persoas amigas, familiares e/ou amores que
quereriamos ter moi preto de nós pero que se atopan alá na lonxanía da
distancia...
Seguramente haberá quen pense que cos novos métodos
de comunicación ese afastamento agora xa non é tanto coma noutrora...
Hoxe temos medios para falar e mesmo ver a quen non temos connosco...
Mais hai ocasións en que só ver non chega...
Quereriamos sentir o seu calor, notar o seu alento no noso colo, perdernos nun
abrazo apertado e que non teña fin...
A distancia é a nosa inimiga... E entón
chegamos até a pensar en querer meternos polo cable do teléfono e poder dar un
agarimo... Outras veces lanzamos os nosos suspiros, os nosos anhelos, os nosos desexos
para o ar ... Como nun brinde solitario ... E simplemente esperamos que as
estrelas sexan as nosas mensaxeiras... Sabemos que a mensaxe será ben recollida
e entregada!
luns, 6 de agosto de 2012
Volver A Disfrutar Dos Doces Dezaseis Anos
Un amigo meu contoume que cando tiña 16 anos
quería ter 30, mais que agora, preto da cincuentena, el soña cos tempos aqueles en que tiña 16...
Seguramente hai moitas máis persoas ás que
lles pasa o mesmo...
Seguramente hai moita xente a querer regresar
a aquela época...
Cando un ten 16 anos a vida está aí, case toda
enteira por vivir... Todos os horizontes están abertos e pensamos que podemos
poñer o mundo por monteira e comer todo o que se nos poña por diante...
Cando un ten 16 anos o corazón está rebosante
de soños e de ilusións, de utopías enfiadas noite tras noite no lento pasar das
horas de inverno aquecidas ao lume agarimoso da lareira...
Claro que non contabamos coa tecnoloxía de hoxe, mas
viviamos en un mundo, para min mais libre de ataduras, moi diferente a estes
momentos en que a xuventude non vive sen estar pegada a unha maquiniña e non
sabe disfrutar dos praceres auténticos da vida.
Cando temos 16 anos parece que non nos dá
chegada a hora de poder acadar todo aquilo que anhelamos, e pensamos que a vida camiña moi devagar...
Sen embargo, co paso dos anos decatámonos de que
a vida é un momento moi curto e que pasa en un plis plas... Por iso, se aínda
estás nese momento da vida, eu anímote a que vivas intensamente todo o que
acontece ao teu redor, para que nunca chegues a pensar en que calquera tempo
pasado foi mellor, ou que deixaches moito por facer... O tempo pasado nunca volve...
Cada idade ten o seu encanto:
Desfruta a vida, pois... A vida... Son dous días...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)