E continuando con Shakespeare, el tamén dicía
que o tempo é moi lento para os que esperan, moi rápido para os que teñen medo,
moi corto para os que festexan, mas para
os que aman, o tempo é eterno...
Eu non sei se Sir William estaba certo ou
equivocado en algunhas de estas afirmacións, pero o que eu penso é que o tempo
voa...
Aínda onte eramos nós, uns rapaces que ían á
escola e tiñan os ollos moi abertos diante de todo o que a realidade nos
ofrecía, e agora, case sen disfrutar da vida algúns de nós, dos que xogabamos
sempre xuntos, alí no camiño polo que só pasaban os carros co seu cantar de
eixe non ben mollado, algúns xa non están aquí a seguir compartindo
experiencias neste camiño que é a vida...
Por iso eu penso, cada día mais claramente,
que o mellor é disfrutar de todo o que a vida nos poña por diante no momento en
que iso aconteza. Nada de pensar que mañá será o gran día... Temos que gozar do
hoxe, porque se cadra, o mañá xa non chega...
Porque a vida son dous días e o
tempo non corre... Voa!!!!!
Bem Jogado com os Pink Floyd!
ResponderEliminar