A min gústanme as cousas sinxelas, e as
persoas sen dobrez. Adoro escoitar todo tipo de música pero ao mesmo tempo encántame
que as palabras que se debullan ao son da melodía estean impregnadas de
significado, de sabor e de color para a miña alma saudosa ..... E que delicia a
miña ao sentir o rechouchío dos paxaros, cantándome na miña ventá, alá pola mañá
ben cediño, cando aínda os meus ollos non están ben abertos ao día e aínda permanece
en min a lembranza dos soños vividos na noite... Esa noite que aínda non quere
marchar, que me ata ao meu leito, pero
que se ve obrigada a escapar pola présa da alborada, impaciente, e xa presente no ceo, nas árbores, no río.....
Ya somos dos
ResponderEliminar