domingo, 30 de xuño de 2019

Sentir A Raiola Do Sol, Camiñar Sen Rumbo

Hai días en que o único que me apetece é saír aos camiños, sen rumbo, recibir o agarimo dunha raiola de sol, sentirme arrolada polo vento e o rechouchío dos paxaros, ... 
 Ese toque, ese son, chegan ata a miña alma, fican alí e fana vibrar...
Mary Carmen

sábado, 8 de xuño de 2019

Achégome Ao Precipicio Para Voar

Ás veces, atrevida,
Achégome ao precipicio!
Alí pousada, en nada penso,
Simplemente tomo alento
E respiro sen máis...

Pingas de auga sonoras
Divirten e mollan
A sequidade da rocha.

É tanta a beleza ao meu redor
Que moitas emocións
Afloran no meu interior.

Realidade e ficción
Xúntanse e, aliadas,
Nun tris tras
Lévanme da man
E fanme voar.
Mary Carmen

sábado, 25 de maio de 2019

Deslizar Sobre As Ondas E As Augas Do Mar

Hai veces que soño
Que me deslizo
Sobre as ondas branquiazuis do mar.
Dese mar que é a vida. 
Desde sempre a visión
Das súas augas, calmas ou non,
Batendo contra as rochas
Ou achegándose mansiñas
A bicar a area da praia
Serenan a miña mente
E danme calma.
Mary Carmen
                                                         

venres, 17 de maio de 2019

Letras Galegas 2019: Antón Fraguas Fraguas

A festa na aldea ten sempre algo de misterio. 
Hai que aguantar a noite, fuxir das encrucilladas e camiñar ás escuras polos fondos camiños e carreiros que a ilusión fai longos e tristes ou curtos e ledos. 
Antonio Fraguas Fraguas

domingo, 5 de maio de 2019

domingo, 28 de abril de 2019

Voucho Dicir: 100. 000 Visitas Superadas, Grazas!


E así como quen non quere a cousa, pasiño a pasiño, pétalo a pétalo, flor a flor, xa temos superadas as 100. 000 visitas! Por iso, voucho dicir: Moitas grazas por estar aí!!! Bicos de Camelia Branca do Ar.

xoves, 25 de abril de 2019

Sempre Soñando Corredoiras E Vieiros

Aquí estou...
Sempre a percorrer camiños...
Soñando corredoiras e vieiros...
É primavera e as flores
Perfuman os carreiros.
Os outeiros, lá, na cima
Óllanme pasar...
Falan entre eles e murmuran...
A onde raios ela irá?
Mary Carmen

domingo, 21 de abril de 2019

Flores Para Ver E Cheirar

Flores... A quen non lle gustan as flores? 
 
Tan naturais co seu arrecendo e o seu lindo ollar...
Flores para ver e cheirar...
Mary Carmen 

sábado, 13 de abril de 2019

A Vida Non É Un Pasadizo

A vida non é un pasadizo no que o camiño está marcado e definido...
Por iso hai veces en que camiñamos cheos de dúbidas. Non sabemos que camiño tomar e quereriamos estar en mil e un sitios á vez... Pero só podemos ficar onde estamos e voar nas ás da imaxinación... 
Mary Carmen

domingo, 7 de abril de 2019

A Primavera Xa Trouxo As Flores

 A primavera xa nos trouxo as flores...
E aí están elas a florear e colorar
O camiño, o val, o mundo,...
E a invadir todo co seu recendo!
Mary Carmen

martes, 2 de abril de 2019

Xa Están As Cerdeiras En Flor


As flores se enguedellan.
O Sol perdeu vergoña.
O vento só é un bico
no abalo das corolas.
Antón Cortizas Amado "Nos páramos da Lúa"

sábado, 23 de marzo de 2019

Unha Cabana Na Fraga

E que tal unha cabana na fraga?
Estar alí, no medio daquel verdor
Sentindo os nosos pasos resoar
Na alfombra de folla seca...
E, se cadra...
Albiscar un niño de paxaros...
Abrir a xanela e ver o orballo do amencer
Pousar nos pétalos dos mosaicos de cores
Que ante nós se mostran.
Que bo é!!!
Mary Carmen

luns, 18 de marzo de 2019

Sutiles Pinceladas De Primavera

E parece que xa está aí: a incipiente primavera vai deixando sutiles pinceladas da súa presenza por aquí e por alí...
 Mary Carmen

martes, 12 de marzo de 2019

Raiola De Sol No Inverno

Hai días de inverno que espertan coa faciana risoña tal que se fose primavera.
Eses días nos que nos apetece deixarnos acariñar pola lene claridade da raiola do sol axexando detrás das pólas semiespidas das árbores. Mentres, nós, deslizámonos sobre os tapetes que as mans artesás da Natureza tecen para nós.
Mary Carmen

domingo, 24 de febreiro de 2019

No Día De Rosalía, Galicia Encantada, 95.000 Grazas

Darvos 95.000 grazas por estar aí!!! No día de Rosalía lembrarnos dela, da súa poesía e de Galicia, a súa Galicia encantada!!!!
Lugar máis hermoso
non houbo na terra
que aquel que eu miraba,
que aquel que me dera.
Lugar máis hermoso
no mundo n'hachara
que aquel de Galicia,
¡Galicia encantada!
Rosalía de Castro

sábado, 2 de febreiro de 2019

Sopra O Vento Tamén No Meu Pensamento

Sopra O Vento, Sopra O Vento
Sopra o vento, sopra o vento,  
Sopra alto o vento alá fóra;
Tamén o meu pensamento
Ten un vento que o devora.
F. Pessoa

domingo, 27 de xaneiro de 2019

A Ollar O Mar

Ollar o mar fai moito ben! 
É unha agradable sensación, estar alí a ollar para aquela inmensidade azul e o lene ir e vir das ondas  a bicar a area. Tes que proba-lo!!
Mary Carmen

sábado, 29 de decembro de 2018

Feliz Ano Novo 2019 Polos Roteiros Máxicos Da Vida

¡Feliz Ano Novo 2019, Amigos!
¡Que vivamos novas aventuras polos roteiros máxicos da vida! ¡Que no noso percorrido saibamos descubrir o significado máis profundo do sorriso que nos guindan, a importancia da ollada que nos dirixen e o agarimo dunha aperta sincera…

domingo, 23 de decembro de 2018

Xa é Nadal! Feliz Nadal De Novas Emocións!

Xa é Nadal! Feliz Nadal! E que cada momento no camiño da vida nos reserve bonitas sorpresas e novas emocións... 
https://942bd8cf-a-62cb3a1a-s-sites.googlegroups.com/site/mcmoledogz3/Nada2018.swf?attachauth=ANoY7cpNCGCwILkDmOBc5R_LzG4Ldzdz7Ke5PqcEfvP8mXsGjyTKxOnDBHYAvOAh8aD1MyHS6ZUUIlJ3q86qgziJYYCyKLFznbCNZfurM9SaoBqu2MsZu-bNLq-A1NVh85ciQr24zQ8jnD6C8uFauCg98VUOJPLON8tA4JFbv5JQrVtqD1sL5KiIapB7xX_PU13CjIiC8P-TIctLpJLCtTidRow3G2EokA%3D%3D&attredirects=0
  CLICADE NA IMAXE DE ARRIBA E VEREDES OS MEUS DESEXOS PARA TODOS VÓS!

venres, 6 de xullo de 2018

Palabras De Despedida Da Escola

Palabras de emoción na nosa despedida da escola. Clicade na foto para que comece a presentación.
c

sábado, 24 de febreiro de 2018

mércores, 14 de febreiro de 2018

Soño E Realidade: Máis De 85.600 Visitas


Fai da túa vida un soño e do teu soño unha realidade.”
Antoine de Saint Exupéry
No día do amor só quero desexar moito amor de todas as formas posibles a todos os amigos e lectores que se achegan por aquí, a este recuncho de Camelia Branca do Ar. Grazas a vós xa sobrepasamos as 85.550 visitas! Moitas grazas!

sábado, 10 de febreiro de 2018

O Segredo Da Vida

O segredo da vida, no entroido e sempre, é aproveitar cada momento, porque cada instante é único!

martes, 23 de xaneiro de 2018

A Vida Nos Ollos de Quen Sabe ver

É necesario abrir os ollos e decatarse de que as cousas boas están dentro de nós, onde os sentimentos non precisan de motivos nin os desexos de razón.
 O importante é aproveitar o momento e aprender a súa duración, pois a vida está nos ollos de quen sabe ver.  
Gabriel García Márquez.

domingo, 31 de decembro de 2017

Feliz Ano Novo 2018 De Felicidade!

¡Feliz Ano Novo!
Camelia Branca do Ar desexa que o 2018 sexa para todos nós un ano de felicidade e moitos éxitos e nos permita acadar tódolos desafíos que se nos poñan por diante!

domingo, 24 de decembro de 2017

Xa Chega O Nadal! Feliz Nadal!

Xa chega O Nadal! A época en que parece que todo recibe un toque de maxia e fantasía! Ese tempo para Agradecer, Reflexionar e Celebrar. Feliz Nadal para todos, amigos e lectores!
 Clicar na imaxe para ver unha presentación de desexos navideños:
https://dd714125-a-62cb3a1a-s-sites.googlegroups.com/site/mcmoledogz2/Navidadg17-2.swf?attachauth=ANoY7crHGUOZOl4RXQ4h1La9D7VkpBCNQXou7HXvd1m2sRMkGKG3agN96iLMKw1dMa1ddrbpSTkmxKhJAUvY8ltAh9JR_cmgOwO1pkq0w2XNDNFA4fUiQ6jlHIytgnkJ82hiNR5v677rQt9nhBMufmFMcUqC45UXbC119p0dceAkS35wJGRttctOmtstpbEZmjZgMQGfR1sArNVS0tMgNN1595554tq8-w%3D%3D&attredirects=0

domingo, 17 de decembro de 2017

Mudanza Na Esencia E Pegadas Na Area

Aínda que hai persoas inmobilistas, non cabe dúbida de que a vida é unha constante mudanza!
Está no noso interior, na nosa esencia! E no transcurso dese cambiar imos deixando pegadas detrás nosa, igual que facemos ao camiñar pola area. Pegadas que outros seguirán para continuar na nosa estela e non ficar atrás!

domingo, 3 de decembro de 2017

Subir E Ver O Camiño

Hai veces en que andamos perdidos... Mas todo ten solución e non debemos dubidar en subir a onde sexa para mirar máis alá e ver o camiño a seguir. Seguro que o conseguimos!

sábado, 11 de novembro de 2017

luns, 16 de outubro de 2017

Tristeza, Impotencia, Incomprensión E Palabras De Alento E Ánimo

Tristeza, impotencia, rabia, dolor, incomprensión… Todas elas son palabras que amosan claramente o estado de ánimo de moitos de nós.
A medida que vai pasando o tempo e vemos o que se viviu e aínda se está a vivir  nalgúns lugares e ante a imaxe desoladora que se nos ofrece, poderiamos engadir: catástrofe, calamidade, desesperación…
Tamén solidariedade, non cabe dúbida, co exemplo de miles de persoas que deixan a seguridade das súas casas para ir socorrer a quen está en perigo… E todo por culpa duns desalmados...
Dende Camelia Branca do Ar queremos deixar unha palabra de alento a todas as persoas que o están a pasar mal por toda esta caótica e dantesca situación. Poñémonos no seu pelexo e sabemos que ten que ser moi duro perder nuns minutos o que custou toda unha vida sacar adiante. E non falamos só dos bens materiais, que son moi importantes, senón tamén das vidas deses que quedaron no camiño e que nunca poderán voltar a disfrutar desta Nosa Marabillosa Natureza ¡que non podemos permitir que sigan destruíndo!
¡Moito ánimo, Galicia, Asturias e Portugal!

sábado, 23 de setembro de 2017

Non Hai Camiño Fácil!

Ás veces na vida parécenos que non hai camiño fácil por onde pasar! Mais, sexa como sexa, rindo ou chorando, temos que seguir para diante! Hai moito, cousas e persoas polas que loitar! A que sí?

xoves, 17 de agosto de 2017

Noa Na Ofrenda Floral Á Virxe Peregrina 2017

O sábado 12 de agosto celebrouse na nosa cidade, Pontevedra, A Ofrenda Floral á Virxe Peregrina. E alá estabamos nós, claro!!!
Este ano eramos máis mulleres da familia a participar no evento.
Noa, a máis reciente incorporación, a que nos trae a todos loquiños non podía fallar!
E todas estabamos co sorriso de orella a orella por tela alí connosco.
A tía Mary, como tódolos anos, non fallou a unha tradición que mantén dende ben pequeniña!
A tía Conchy tamén quixo unirse a nós!
Este ano o vermello e o negro foron os protagonistas nas nosas roupas.
Nun desfile que comezou na Praza da Pedreira e que discorreu por diversas rúas da vila.
Coa mamá de Noa sempre a empurrar o carriño, toda chea, ela!
E sempre con ganas de troula!
Non deixamos de saudar a Valle Inclán que nin se inmutaba con tantas persoas a pasar á súa beira!
Pasamos pola Praza de Curros Enríquez.
Amenizados coa música dos nosos gaiteiros.
Admiramos unha das fontes con que o gran Sesmeros adornou A Boa Vila.
E albiscamos as características casas asoportaladas.
Adentrándonos na Rúa Manuel Quiroga.
Tamén pasamos diante do Teatro Principal.
Pisando o chan empedrado de Pontevedra.
Ás veces camiñabamos entre sol e sombra.
E outras a pleno sol.
Na Praza de España estaba xa todo preparado para disfrutar dos concertos.
E moitas persoas se agolpaban para vernos pasar.
Entramos xa na Rúa Michelena.
E nós sempre ao ritmo dos gaiteiros.
E ningunha de nós manifestaba signos de cansazo!
As flores dos nosos ramos amosaban variedade de colorido.
E eran livianiñas de levar.
Nesta rúa fixéronse bastantes paradiñas.
E os grupos comezaron a distanciarse.
Houbo un momento en que alcanzamos os 5 minutos de fama!!!
Fomos entrevistadas pola TVG!!!
E xa por fin puidemos ver a característica silueta da Capela da Peregrina.
Diante dela, na Praza da Peregrina, todo era animación e algarabía!!!
Collemos a Noa no colo.
Que con só cinco mesiños tamén levaba a súa ofrenda floral para a virxe.
E chegou o momento de acercarse a deixar as flores.
Todos queriamos inmortalizar o momento!
A nai de Noa toda feliz e contenta e a nena esperta, tranquila e segura no colo da nai!
Instantes de gran ledicia!
E emoción dentro do santuario.
O refuxio en forma de cuncha de vieira.
A avoa máis feliz de Pontevedra!
E parte do estranxeiro!!!
A madriña non quixo perder este momento da afillada.
E o fotógrafo non se cansaba de sacar fotos...
E máis fotos.
Verdade que está moi linda esta co cruceiro da Praza da leña?
A verdade é que é un marco incomparable!
E estes momentos nai e filla?
Preciosos!!!
A que si??
A gran protagonista do día tampouco se cansaba de disfrutar.
A Igrexa de San Bartolomé contemplounos regresando da emotiva xornada.
Para todos nós.
Pero sobre todo para esta ricura que mira todo cos ollos ben abertos.
E que despois de todo o vivido aínda estaba así de ben!!!!
 CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA OFRENDA