Tristeza,
impotencia, rabia, dolor, incomprensión… Todas elas son palabras que amosan claramente o
estado de ánimo de moitos de nós.
A medida que vai pasando o tempo
e vemos o que se viviu e aínda se está a vivir nalgúns lugares e ante a imaxe desoladora que
se nos ofrece, poderiamos engadir: catástrofe,
calamidade, desesperación…
Tamén solidariedade, non cabe
dúbida, co exemplo de miles de persoas que deixan a seguridade das súas casas
para ir socorrer a quen está en perigo… E todo por culpa duns desalmados...
Dende Camelia Branca do Ar
queremos deixar unha palabra de alento a todas as persoas que o están a pasar
mal por toda esta caótica e dantesca situación. Poñémonos no seu pelexo e
sabemos que ten que ser moi duro perder nuns minutos o que custou toda unha
vida sacar adiante. E non falamos só dos bens materiais, que son moi
importantes, senón tamén das vidas deses que quedaron no camiño e que nunca poderán
voltar a disfrutar desta Nosa Marabillosa Natureza ¡que non podemos permitir
que sigan destruíndo!
¡Moito ánimo, Galicia, Asturias e
Portugal!
Que aventureira eres profe, pero sigue así conquista tus sueños.
ResponderEliminarAh! Gústame iso de ser aventureira! Hahaha! Un día tes que vir ti tamén e conquistaremos o mundo xuntas!!!
ResponderEliminar