E
antes de que rematen todas estas festas e celebracións quero deixarvos unha
pequena panxoliña, sinxela... enteiramente miña... Desexo que vos guste!!!
Alá arriba nas alturas
Os Anxos cantando están.
Polos pastores procuran
Para a nova lles contar.
Que en Belén naceu un Neno
Fillo de Deus celestial!
Ide todos cedo a velo
E adouralo no portal.
A Virxe e San Xosé
Non paran de comentar
Que o seu fillo está nas pallas,
Vinde axiña pra o quentar!
Achegádevos pastores,
Vinde con gaita e pandeiro
A arrolar coas vosas voces
A este Neno churrusqueiro.
No berce alí deitadiño
Sen nadiña que vestir.
Encontraron O Meniño
Que a todos fará sorrir.
Tres Reis de Oriente chegaron
Para o Neno agasallar.
Moitas cousas lle deixaron
A este Meniño sen par.
E por se vos é máis doado escoitar e ver:::::
Ningún comentario:
Publicar un comentario