Que este ano novo que está por entrar veña cargadiño de cantigas, poemas, melodías e minutos compartidos con agarimo.
Que sigamos camiñando e indo dun lado a outro ao compás do cariño, da amizade e a forza dos nosos sentimentos e pensamentos.
Que este ano novo que está por entrar veña cargadiño de cantigas, poemas, melodías e minutos compartidos con agarimo.
Que sigamos camiñando e indo dun lado a outro ao compás do cariño, da amizade e a forza dos nosos sentimentos e pensamentos.
Fican por aquí os meus desexos dun Feliz e emocionante Nadal. Que sexa un tempo cargado de Paz e Luz, muita Luz!
Ás veces penso que só ti e mais eu sabemos o que é o amor...
Tamén so ti e eu sabemos que percorremos ese camiño unha e outra e mil veces... Xa que, aínda cansados, chegamos sempre namorados....Sí... Namorados... Ti de min e eu de ti...
Namorados pola eternidade ... Ti e mais eu... Porque só ti entre tanta xente... Só ti es quen chega dentro do meu corazón... Mary Carmen
E así estamos, un día despois doutro...
Á espera...
E ti sempre me preguntas
o porque de terte elixido...
Pois a verdade é que non sei moito que dicir...
Só sei que en ti vexo algo de valor
Para min que non ten ninguén...
Gústasme por como me falas,
Gústasme por como me tratas...
Coma a alguén importante...
Iso fai que me encante
cada minuto que paso ao teu lado...
Hai veces que non sei nin como falarche...
Só sei que ti es o meu amor verdadeiro,
e que quero que fiques comigo para sempre.
Aquí, neste porto seguro para a túa alma,Que sabes que é o meu amor por ti...
Mary Carmen
Ámote pola forma en que te achegaches a min e como quen non quere a cousa soubeches roubarme o corazón.
Grazas por existir e por eses bonitos e intensos momentos cos que me agasallas.
Por eses teus abrazos que ás veces chegan así de súpeto e outros tan buscados pero sempre reconfortantes.
Polo teu ollar intenso no que me gusta mirarme e perderme dese xeito tolo que me invade cando estou preto de ti.
Por esas túas ganas e a túa ansia de amar.
Pola túa tenrura que me volve unha nena feliz E pola túa confianza cega en min.
Polo teu corazón tan nobre e ás veces un tanto inocente que dalgún xeito sempre busca a forma de brillar e que a pesar de todo nunca desiste nin deixa de loitar para converter en novas ilusións todos os impedimentos e derrotas.
Mary Carmen
E resulta que vas camiñando e, sen aviso, ves todo o campo vestido con roupas coloridas.
A miña ilusión non amaina e chega ao
seu grado máximo se o sol nos acompaña co seu manto de raios dourados.
E aquí estamos nós sempre á beira do camiño, sempre co sorriso nos beizos a mirarvos pasar.
A Catedral de Santiago de Compostela!
Mary Carmen
O mellor da vida é deixarse encantar por ela... Porque vivir é sen dúbida o máis belo e marabilloso sentimento. Porque para sentir só é preciso e imprescindible estar vivo.
Por iso as cousas máis sinxelas son as que fan que a miña alma fique radiante e luminosa... Unhas camelias ao sol iluminando calquera xardín da miña ou doutra cidade...
A lúa cando está chea...
A túa voz a recitar... Cousas sinxelas da natureza que todo enriquecen...
Mary Carmen
Que verdade é iso de que todos precisamos de alguén con quen partillar cousas... Aínda que só sexa un café pola mañá ou a calquera hora do día...
Ese alguén que nos alporice o corazón de xeito que latexe atoladamente.
Iso é o que me acontece contigo, que me ergues ata as nubes para axiña deixarme alí bailando soa baixo a choiva facendo que o futuro me pareza incerto e escuro.
Por iso dime dunha vez se me vou e te esquezo... ou...se fico e te espero, amándote como ata agora...
Mary Carmen
E así pasa o tempo... O meu tempo... O noso tempo...
Cada noite miña é unha noite repleta de soños
Chea de promesas que nunca se cumpriron,
De agasallos que nunca se ofreceron,
De aventuras que nunca sucederon,
De agarimos que nunca se deron,
De bicos que nunca se sentiron,
De escenas que se esfumaron co vento
E sentimentos que se esvaeceron co
paso do tempo.
Aínda que as túas mans non estean para suxeitarme
Nin os teus brazos para acollerme.
Cada noite unha ocasión máis de desvelosPronunciando o teu nome...
Ese nome xa inalcanzable para min...
Mary Carmen
Sempre que escribo penso en ti... Ti es a miña inspiración... E eu sei que o sabes.
Seguro que tamén cho di o meu sorriso cada vez que te vexo ou escoito porque sabes que es ti quen o provoca.
Seguro que os teus brazos tamén o notan cando fas deles o lugar máis acolledor para o meu corpo trémulo.
Mary Carmen
Gustaríame perderme por aí... Contigo...
Sabes que te penso a cada momento...
Que es o meu todo...
Quixera que tomases a miña man,
Que non me soltases e me levases
A ese máxico lugar onde seríamos dous.
Mesmo xa teño o perfecto escenario
Onde compartir aquela botella de viño branco...
Ven raptarme... Non tardes!!!
Hoxe é o día... Imos???
Mary Carmen
Ti sabes que eu sempre vou estar para ti.
Cando, como en día pasados,
A tristura invada a túa alma
Acude a min... Non dubides: Chámame...
E ...se por casualidade tardo en contestar
Lembra eses poemas que escribín para ti...
Bota man deles e sentirás
O agarimo que neles se esconde
E que sabes é todo para ti.
Sentirás que desde esas palabras
Chegará ata ti a melodía dos meus aloumiños...
E con ele o meu calor que tanto che gusta.
Sentirálos na túa pel
Arrecendendo ao meu perfume
Escondido nas letras que forman as miñas verbas.
Se cadra non é moito...
Se cadra non é todo o que ti precisas e desexas..
Pero é canto, por agora, podo ofrecerche.
E sabes que sae da miña alma
Na que ti moras eternamente.
Mary Carmen