Sempre que te ollaba, o tempo detíñase, e, todo ficaba inmóbil ao meu redor..... e aínda o fai...
Pero quero que saibas que o meu corazón está
feito anacos... e a miña alma languidecendo... Porque hoxe todo é moi distinto entre ti e
mais eu...
Aquí estou camiñando soa... sen présa, sen nerviosismo,... sen emocións, sen subidóns de adrenalina nen sentimientos felices...
Sen rozadas de pel con pel que estremezan o meu ser...
Nin bicos nin agarimos para pensar que algo así coma o tal amor puidese existir entre nolos dous...
E é que son unha crédula... Pero a realidade espértame e cóntame a triste verdade...
Agora só a beleza do Lérez e os seus arredores mitiga o meu pesar...
Eu por aquí seguirei, triste e loitosa...
E é que me doe a alma de pensar
neste amor que vai á deriva...
Porque non conto nin cuns míseros segundos
sós os dous
para mantelo con vida...