Síntese frío no ambiente, e con el a fin do outono está a chegar.
Na nosa retina ficarán por longo tempo esas
brillantes cores que tanto nos aledaron nos nosos paseos.
O vento e a choiva levarán lonxe as follas que agora pisamos…Mais non fico tristeira… Só un tempiño con outras paisaxes e axiña as flores, paxaros e bolboretas estarán de volta para poñer unha raiola de sol na nosa alma…
Mary Carmen
Ningún comentario:
Publicar un comentario