Coñecido como “O Vello Profesor” pola súa
faceta no Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra, cidade onde naceu alá polo 1906
e onde tamén faleceu en 1996.
Son variados os campos que el cultivou. Así
foi co-fundador do Seminario de Estudos Galegos onde dirixe a sección de
Historia da Literatura, tamén foi director do Instituto Padre Sarmiento e do
Museo de Pontevedra.
Este erudito pontevedrés, membro da Real
Academia Galega, entre outras institucións, ao longo da súa vida mantería unha grande
actividade na investigación e promoción de iniciativas culturais.
Tamén é importante a súa faceta literaria.
Moitas das súas obras espalladas na prensa diaria serían recollidas en nove
volumes co título de "Adral". Tamén terá aportacións teatrais como “Agromar.
Farsa pra rapaces”, relatos como “Os Nenos” e “ O Vigairo”, o volume de prosas “Quintana
viva” e as antoloxías de poemas do Medioevo
“Cancioneiriño de Compostela “ e “Cancioneiriño novo de Compostela”...
Ningún comentario:
Publicar un comentario