E hoxe 8 de marzo din que é o día da muller!
Con esta data preténdese facer unha homenaxe á muller e, sobretodo, a
todas aquelas que hai uns anos loitaron por conseguir uns dereitos que
non tiñamos.
Primeiro foron as mulleres rusas que un 8 de
marzo, cansas de pasar fame, fartas da guerra e das inxustizas, saíron á rúa co
lema “Paz e Pan”. Este acontecemento marcou
o comezo da Revolución Rusa, xa que días despois da súa protesta, o Zar,
abdicou e elas puideron votar.
Nesta data tamén se lembra a traxedia ocorrida
en 1908 na fábrica Cotton Textile Factory, en Washington Square, cando as obreiras
se declararon en folga esixindo melloras nas condicións laborais. As súas demandas non foron atendidas, elas
foron encerradas e o amo da fábrica prendeulle lume con elas dentro, morrendo
queimadas 129 traballadoras.
Din que este feito deu lugar ao que anos máis
tarde se chamaría Día Internacional da Muller.
Non cabe dúbida de que moito temos avanzado dende
aquela... Pero non é menos certo que aínda nos queda moito por conseguir e
moito camiño por andar. A luita continúa! Agora non é momento de tirar a toalla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario