Quixera ser ese velero á deriva, deixarme
levar pola suavidade das ondas no mar. Así, partir sen rumbo nin destino fixo.
Arribar a unha praia deserta e esperar que a
marea leve o meu corpo. Na area sentirei o calor do sol e a brisa levará de
novo, cacho a cacho, a miña alma rasgada, ata onde ti estás.
Ti acollerasme no teu peito, e así, co teu
abrazo, tornarei a ser un todo cheo de significado e poderei adormecer co
arrecendo das ondas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario