E hoxe, coma cada 10 de maio, celebramos o día
mundial do Lupus.
O lupus é unha doenza rara aínda descoñecida para milleiros
de persoas. Por iso esta data, para dala a coñecer ao mundo enteiro.
Eu, todos os
anos, neste día procuro contribuír co meu pequeno gran de area. O que sei do Lupus
é que é unha enfermidade crónica, autoinmune e inflamatoria, que presenta síntomas
moi diferenciados segundo as persoas e en varios órganos. Estes síntomas están ocasionados
por un desequilibrio no sistema inmunolóxico, facendo que o corpo desenvolva
anticorpos contra as súas propias células.
O nome Lupus,
venlle dado polo feito de que un médico francés, Pierre
Lazenave, alá polo 1851, decatouse de que os doentes con esta doenza
presentaban pequenas feridas na pel coma as producidas pola trabada dun lobo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario