A flor máis
fermosa perde un día a súa beleza. Pero unha amizade fiel dura para sempre.
Antonio Machado
mércores, 28 de maio de 2014
mércores, 21 de maio de 2014
Folla Baleira, Sen Palabras
Séntome diante da folla tentando buscar ideas e pensamentos... Pero todo é
en van.
A folla permanece inalterable na súa brancura de neve...
E é que estou baleira por dentro... Síntome sen ideas...
Mas eu quixera tantas cousas poder
dicir, poderche contar...
Pero ti non estás e a túa ausencia só consegue que eu
fique calada, muda, soa neste profundo tedio que me invade.
mércores, 14 de maio de 2014
Xosé María Díaz Castro: Coma Un Río

Este ano tocoulle esa honra ao poeta Xosé María
Díaz Castro.
Nado na parroquia de Os Vilares, concello de Guitiriz, é autor dunha soa obra: "Nimbos".
Nela vemos a súa preocupación por Galicia, o paso do tempo, a vida e a morte...
Nado na parroquia de Os Vilares, concello de Guitiriz, é autor dunha soa obra: "Nimbos".
Nela vemos a súa preocupación por Galicia, o paso do tempo, a vida e a morte...
Déixovos esta pequena grabación dun poema seu. Esta é a miña particular homenaxe á súa obra: Coma Un Río
sábado, 10 de maio de 2014
Hoxe Día Mundial Do Lupus
E hoxe, coma cada 10 de maio, celebramos o día
mundial do Lupus.

Eu, todos os
anos, neste día procuro contribuír co meu pequeno gran de area. O que sei do Lupus
é que é unha enfermidade crónica, autoinmune e inflamatoria, que presenta síntomas
moi diferenciados segundo as persoas e en varios órganos. Estes síntomas están ocasionados
por un desequilibrio no sistema inmunolóxico, facendo que o corpo desenvolva
anticorpos contra as súas propias células.
O nome Lupus,
venlle dado polo feito de que un médico francés, Pierre
Lazenave, alá polo 1851, decatouse de que os doentes con esta doenza
presentaban pequenas feridas na pel coma as producidas pola trabada dun lobo.
mércores, 7 de maio de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)