Pero hai outros en que, inevitablemente, ti xordes
de repente, e, tal e como a nena teimosa e persistente que sempre fuches, non queres
saír deles.
E lembro aquela nena nerviosa, estudosa e boa
bailarina... E lembro aquela nena que corría asustada detrás do meu coche e tamén
contenta porque xa non estaba perdida...
E é entón cando xa non podo máis e as bágoas
aparecen no recanto dos meus ollos.
Eu, tamén teimosa, non quero deixalas saír... Hai
veces que consigo facelo, pero outras...
Ai, outras... É só dicir o teu nome... E...desbordan
como as augas dun río que quixeran ir ao teu encontro...
Pero cara aonde irán elas?
Hai tanto tempo que non sabemos de ti, que nin
sabemos por onde ti andas...
E eu debátome nun mar de desesperos... E eu,
ti sabes, sempre mal nadadora, non son quen de librarme desas augas turbulentas...
Ti sabes que quixeramos saber de ti!
Oxalá estas palabras cheguen a ti, Cris!
A ti,
A miña Quicho!
Es precioso es mi una de mis faboritoa
ResponderEliminarMe encanta¡¡¡
Este blogue es muy chuly.
Eliminar:- ))
ResponderEliminar