Hai quen di que
para ser feliz basta con querer ser feliz.
Non vou ser eu
quen diga que isto non é verdade… Antes de nada está a vontade de cada un, e despois todo o demais...
Pero ás veces non
somos nós sós a decidir a nosa vida.
Non somos nós sós
a levar as rendas do noso destino.
Si, ti fas todo o
posible para ser feliz, pero chega a deusa fortuna e decide o contrario… Ás
veces disfrazada de falsos amigos que din que queren axudar, que por diante
ofrécenche a súa axuda, pero que á mínima déixante na estacada e incluso veñen e
por detrás danche a puñalada…
E sintes pena... Pena desas personas que non saben valorar unha amizade verdadeira e que estragan anos de partillar confidencias e ledicias, así, polas boas...
E sintes pena... Pena desas personas que non saben valorar unha amizade verdadeira e que estragan anos de partillar confidencias e ledicias, así, polas boas...
Entón a túa decisión de ser feliz fica aprazada …
Xa serás feliz outro día …