
E as miñas ás non estaban comigo...
Busquei e busquei e non
as atopei...
E o día todo pasei con
saudades...
Saudades
daquel tempo en que
podía voar
e ceo azul surcar
de un a outro confín, sen
parar.
E agora, aquí aínda
estou...
Con saudades
de voar e planear
sen rumbo
As miñas ás non
aparecen,
entón eu,
cansa,
cansa,
nesta pedra sentei.
Aquí estou á túa
espera, soa...
Será ela longa?
Ou virás axiña onda
min?
Se así fora,
as saudades das miñas ás
non serían igual,
serían menos...
Pois ti...Ti xa es
todo...
Non preciso de máis...
A saudade é un sentimento moi galego
ResponderEliminar