Hai días en que non temos claras as nosas
ideas. Hai días en que os nosos sentimentos están encontrados... E non sabemos
se continuar o noso camiñar ou desistir ...
E a cada día que pasa reafírmome mais na idea
de aquel antigo dito: mais vale caer en graza que ser gracioso...
Hai persoas que se esforzan, que se preocupan
polos demais e que pasan a vida sendo amables, tratando de agradar e facendo
cousas polos outros... Ben, esas persoas están aí, e parece que son aceptadas...Mas
entón, de repente, chega outra persoa e sen case facer nada consegue ser o
centro de atención e levar todos os parabéns, os agradecementos, os bicos, os
abrazos...

Pero con esa nosa actitude estamos a magoar eses
amigos que ata aí estaban a carón de nós, que camiñaron sempre ombro con ombro
ao pé de nós e que se senten feridos nos seus sentimentos e chegan a pensar que
simplemente os queriamos ao noso lado mentres non había ninguén máis, pero que
son descartados en canto aparece un novo compañeiro de xogos... E con esa forma
de actuar pode chegar un momento en que as aves de paso xa non estean porque
voaron a outros lares, a outros niños, e nós fiquemos sen a compañía de quen sí
sempre estivo aí pero que nós espantamos e deixamos de lado apenas porque
queriamos novidades nas nosas vidas...

Aínda que na verdade ninguén pode mandar nos
sentimentos dos demais, cada un é dono de si...
Como ben di Adele: I Can´t Make You Love Me
Camélia branca do ar
ResponderEliminar