Hai quen pensa que paixón é
distinto de amor... Que estar apaixonado é moi diferente de
estar namorado, de sentir amor por outra persoa... E eu
pregúntome.... É así de verdade? Por qué
non pode existir paixón no amor???
Eu négome a pensar que se eu amo ... Non poida sentir paixón... Se eu amo a
alguén, quero que ese alguén sexa a miña
paixón... De feito, eu así o creo e de feito así o
sinto...
Hai quen di que a paixón é
un anhelo desordenado e confuso, mentres que no amor todo é
claro e organizado... Tamén hai quen pensa que a paixón
é un impulso torpe, cego, que, se se refina, pode chegar a ser
desexo... Pero que non pasa de aí, e que axiña escapa
do noso control e é efímero...
Pois, aínda sendo así, eu
quero todo iso... Anhelo, impulso, confusión, desexo... No
amor todo vale e non hai que ficar parados... Hai que buscar sempre o
mellor... E se iso supón unha revolución interior que
trastoca todo o noso mundo anterior... Non debemos dubidar e temos
que lanzarnos a vivir de cheo esa paixón, sen deixarnos
acobardar por medos e recelos e moito menos por temer deixar atrás
unha vida tranquila, sí, pero monótona...
Por iso se ti sentes paixón:
Adiante! Lánzate a vivila!!!! Que como di o refrán: A
vida son dous días!!!
Vive a vida!
ResponderEliminarOlá,
ResponderEliminarPassei para dar um olá. Bom fim de semana para ti!
Beijinho