O día 10 de maio está
adicado internacionalmente ao Lupus, unha enfermidade crónica
e autoinmune que pode afectar a calquera parte do noso organismo.
É un mal moi extendido, sobretodo
en países asiáticos e africanos e cunha incidencia nove
veces maior nas mulleres que nos homes.
O seu nome ven dado por certas manchas
que aparecen nalgunhas persoas coa doenza e que se parecen a algunhas
manchas presentes en persoas trabadas por lobos... LUPUS, en latín:
Lobo...
Ademais do lobo, e da color púrpura, o seu símbolo,
a nivel mundial é unha bolboreta, un animal moi lindo, pero a
enfermidade non o é...
Máis de cinco millóns de
persoas en todo o mundo, a maioría mulleres, loitan cun
futuro incerto pola presenza do Lupus na súa vida. E non só
eles, xa que a enfermidade altera de certa maneira tamén a
vida dos seus familiares, amigos...
Con esta celebración a nivel
mundial, preténdese aumentar a sensibilidade social para con
os doentes, mellorar os servizos de saúde para os pacientes,
fomentar a investigación das súas causas e buscar
unha cura definitiva, mellorar o diagnóstico, xa que ás
veces algúns enfermos sofren un auténtico calvario ata
que son diagnosticados, e polo tanto mellorar os tratamentos, e
promover estudios do impacto global desta enfermidade.
Particularmente penso que días
como estes son moi necesarios porque a xente necesita saber máis,
hai que aumentar a sensibilidade sobre a doenza LUPUS, para evitar a
discriminación e moitos preconceitos con respecto a esta
enfermidade e aos que a padecen... Isto sen dúbida
contribuiría a salvar moitas vidas e a mellorar a situación
dos doentes.
Obrigado pela informação!
ResponderEliminarDe nada João!
ResponderEliminarEu fico encantada de partilhar informação para as pessoas interessadas!
Obrigad pela tua visita e as tuas palavras!
Obrigado Mary!!
ResponderEliminarDe nada Tony Madureira!
ResponderEliminarTu sabes que eu só tento ajudar ...
Só um bocadinho... Com as minhas palavras...