Hai veces, moitas,
en que só temos gañas de berrar…
E tamén moitas veces, descoñecemos o motivo…
Mas, o berro está aí, no noso interior, loitando por saír a fóra... Con todo, non
podemos poñernos a soltar á toa, todo o que nos fire e nos magoa...
Nen todo
o que nos fai felices... A xente podería non entendelo... E podería chamarnos
de tolos...
Entón? Qué facer?
Moi simple: O mellor para gritar e que non nos chamen toliños é poñernos a
escoitar música a todo volume, e finxir que cantamos... Nós, só gritamos e
ceibamos a fera de dentro da nosa alma...
Ou tamén podemos achegarnos ata a beira do mar, nós que o temos tan perto,
e nunha noite de treboada... Alá co bramar das ondas contra as rochas, e o ruxido dos tronos, deitar
para fóra tódolos nosos sentimentos... Os bos e os malos, sen deixar un atrás...
Nós sos... Alí chantados na area, e na escuridade... Apenas iluminados pola luz
dos lóstregos a estourar por riba de nós!!!
tem vezes que o silencio diz tudo!
ResponderEliminarOlá João!
ResponderEliminarObrigada pelas palavras!
As vezes apetece dar uns berros sim...
ResponderEliminarComo te compreendo Tony!!!
ResponderEliminarTantas vezes apetece dar berros...