domingo, 20 de xaneiro de 2013

Amigos Para Sempre

Nestes días de chuva e vento, hai momentos de conversa arredor dun café, en que inevitablemente se termina falando da amizade.
E eu penso que a amizade hai que sentila. Pero ten que ser un sentimento de ida e volta... Quero dicir que para que haxa amizade necesítanse polo menos dúas persoas. Non se pode ser amigo de alguén se ese alguén non quere.
Por iso encontro moi acertado aquel vello refrán que di: “Quen ten un amigo, ten un tesouro”!
Un amigo, esa persoa especial con quen podemos compartir, partillar xogos, lecturas, poemas, películas, música... E claro está, tamén compartimos aqueloutra parte de nós que ninguén máis coñece: os nosos segredos!
E sabemos que podemos confiar en que continúen a ser iso: SEGREDOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario