Cando amamos sentimos necesidade de ter perto
de nós á persoa obxecto do noso amor.
Sentimos necesidade de poder abrazar, de poder
tocar... Poder demostrar o noso afecto.
E é que a química, din, inflúe nunha relación,
pero a física, indudablemente que tamén inflúe, e moito.
Entón de aí esa nosa
necesidade de se abrazar, de poder tocar fisicamente, de poder acariñar o cabelo, de poder facer un
aloumiño, de rozar pele con pele...
E é que é moi bo poder estar, xuntos, moi
xuntos, corpo con corpo, notando o latexar do noso corazón ao ritmo do outro
corazón... Oír a nosa respiración ao compás da outra respiración...
En fin...
Sentir con todos os sentidos e non só coa alma!!!
Querida Camelia,
ResponderEliminarcreo que hoxe tivemos o mesmo pensamento e os mesmos sentimentos. Mentres dibuxaba unha escea no navegacruz, quixen explicar cómo é a frustración infinita do suxeito que non pode alcanzar o obxecto amado. Cánta razón hai nas túas palabras, que hoxe son para min motivo de reflexión.
Unha aperta! os meus parabéns!
Ola Navegacruz!
ResponderEliminarMoitas grazas polas túas palabras...
As miñas apenas son iso: reflexións en voz alta sobre os sentimentos que albergamos no noso interior e que se non somos capaces de liberalos poden levarnos como ti ben dis a unha frustración infinita!
Por iso é bo deixar actuar á química pero tamén acompañar con un pouco de física...
Un bico e ata apróxima
Mary Carmen