E parece que xa toca cambiar de ano! Feliz 2026!
Camelia Branca do Ar
xoves, 1 de xaneiro de 2026
Un Feliz E Cheo De Ledicia 2.026!
xoves, 25 de decembro de 2025
martes, 29 de xullo de 2025
Á Sombra... Sempre Aí
Oxalá esteas sempre aí…
Se non pode ser ao frente, como os dous quixéramos, que sexa á sombra...Esa sombra... a do un ao lado do outro, acubillándonos mutuamente…
Ninguén poderá afastarnos.
xoves, 5 de xuño de 2025
Síntote Dentro: Ti Es A Miña Alma Xemelga
E xa non sei que máis dicir. E é que ti sabes que a cada día síntote máis e máis dentro de min.
E é que é inevitable: cada parte do meu corpo incéndiase de amor por ti.
E así os meus ollos reflexan o feliz que estou sempre que ti estás por preto e que todo o mundo ve que non podo deixar de sorrir cando estás ao meu carón.
E sabes unha cousa? Cada vez que me das unha aperta sinto a túa alma conectarse coa miña... e é que non pode ser doutra maneira pois ti es a miña alma xemelga...
E ti sabes que cada vez que me bicas o meu corazón acelera ata o punto de non poder pensar a miña vida sen ti.
E que sinto que se os nosos camiños se cruzaron así deste xeito, e a estas alturas da vida non foi ao chou... foi por algunha razón... esa razón que xa sabía que ti eras para min e eu era para ti...
mércores, 22 de xaneiro de 2025
Dame O Refuxio Das Túas Apertas
Xa fai tempo que non escribo de ti
Pero sabes que só ti es o tema dos meus pensamentos.
Gústame cando me das o refuxio das túas apertas.
Adoro cando me ilusionas cos teus plans para os dous.
Encántame sentir a forza e o desexo da túa mirada ao percorrerme.
E que bonito é o silencio que se sinte cando me bicas!
luns, 30 de decembro de 2024
Feliz E Venturoso 2025 Cheo De Poemas E Melodías
Que este ano novo que está por entrar veña cargadiño de cantigas, poemas, melodías e minutos compartidos con agarimo.
Que sigamos camiñando e indo dun lado a outro ao compás do cariño, da amizade e a forza dos nosos sentimentos e pensamentos.
martes, 24 de decembro de 2024
Os Meus Desexos Dun Feliz E Emocionante Nadal, Cargado de Paz, Luz E Harmonía
Fican por aquí os meus desexos dun Feliz e emocionante Nadal. Que sexa un tempo cargado de Paz e Luz, muita Luz!
luns, 4 de novembro de 2024
Só Nós Sabemos O Que É O Amor
Ás veces penso que só ti e mais eu sabemos o que é o amor...
Tamén so ti e eu sabemos que percorremos ese camiño unha e outra e mil veces... Xa que, aínda cansados, chegamos sempre namorados....Sí... Namorados... Ti de min e eu de ti...
Namorados pola eternidade ... Ti e mais eu... Porque só ti entre tanta xente... Só ti es quen chega dentro do meu corazón... Mary Carmen
venres, 4 de outubro de 2024
Á Espera De Ti, Meu Amor Verdadeiro
E así estamos, un día despois doutro...
Á espera...
E ti sempre me preguntas
o porque de terte elixido...
Pois a verdade é que non sei moito que dicir...
Só sei que en ti vexo algo de valor
Para min que non ten ninguén...
Gústasme por como me falas,
Gústasme por como me tratas...
Coma a alguén importante...
Iso fai que me encante
cada minuto que paso ao teu lado...
Hai veces que non sei nin como falarche...
Só sei que ti es o meu amor verdadeiro,
e que quero que fiques comigo para sempre.
Aquí, neste porto seguro para a túa alma,Que sabes que é o meu amor por ti...
Mary Carmen
domingo, 14 de xullo de 2024
Ámote Pola Túa Tenrura, Porque Non Desistes Nin Deixas De Loitar
Ámote pola forma en que te achegaches a min e como quen non quere a cousa soubeches roubarme o corazón.
Grazas por existir e por eses bonitos e intensos momentos cos que me agasallas.
Por eses teus abrazos que ás veces chegan así de súpeto e outros tan buscados pero sempre reconfortantes.
Polo teu ollar intenso no que me gusta mirarme e perderme dese xeito tolo que me invade cando estou preto de ti.
Por esas túas ganas e a túa ansia de amar.
Pola túa tenrura que me volve unha nena feliz E pola túa confianza cega en min.
Polo teu corazón tan nobre e ás veces un tanto inocente que dalgún xeito sempre busca a forma de brillar e que a pesar de todo nunca desiste nin deixa de loitar para converter en novas ilusións todos os impedimentos e derrotas.
Mary Carmen
luns, 10 de xuño de 2024
O Campo Vestido Con Roupas Coloridas
E resulta que vas camiñando e, sen aviso, ves todo o campo vestido con roupas coloridas.
A miña ilusión non amaina e chega ao
seu grado máximo se o sol nos acompaña co seu manto de raios dourados.
mércores, 15 de maio de 2024
Sorrisos De Alento Á Beira Do Camiño
E aquí estamos nós sempre á beira do camiño, sempre co sorriso nos beizos a mirarvos pasar.
A Catedral de Santiago de Compostela!
Mary Carmen
martes, 23 de abril de 2024
Deixarse Encantar Pola Vida Con Camelias Ao Sol
O mellor da vida é deixarse encantar por ela... Porque vivir é sen dúbida o máis belo e marabilloso sentimento. Porque para sentir só é preciso e imprescindible estar vivo.
Por iso as cousas máis sinxelas son as que fan que a miña alma fique radiante e luminosa... Unhas camelias ao sol iluminando calquera xardín da miña ou doutra cidade...
A lúa cando está chea...
A túa voz a recitar... Cousas sinxelas da natureza que todo enriquecen...
Mary Carmen
luns, 8 de abril de 2024
Partillar Un Café Pola Mañá Co Corazón Latexando Atoladamente
Que verdade é iso de que todos precisamos de alguén con quen partillar cousas... Aínda que só sexa un café pola mañá ou a calquera hora do día...
Ese alguén que nos alporice o corazón de xeito que latexe atoladamente.
Iso é o que me acontece contigo, que me ergues ata as nubes para axiña deixarme alí bailando soa baixo a choiva facendo que o futuro me pareza incerto e escuro.
Por iso dime dunha vez se me vou e te esquezo... ou...se fico e te espero, amándote como ata agora...
Mary Carmen
domingo, 17 de marzo de 2024
Así Pasa O Tempo Esvaecéndose Sen Ti
E así pasa o tempo... O meu tempo... O noso tempo...
Cada noite miña é unha noite repleta de soños
Chea de promesas que nunca se cumpriron,
De agasallos que nunca se ofreceron,
De aventuras que nunca sucederon,
De agarimos que nunca se deron,
De bicos que nunca se sentiron,
De escenas que se esfumaron co vento
E sentimentos que se esvaeceron co
paso do tempo.
Aínda que as túas mans non estean para suxeitarme
Nin os teus brazos para acollerme.
Cada noite unha ocasión máis de desvelosPronunciando o teu nome...
Ese nome xa inalcanzable para min...
Mary Carmen
xoves, 29 de febreiro de 2024
Ti Sabes Que Es A Miña Inspiración
Sempre que escribo penso en ti... Ti es a miña inspiración... E eu sei que o sabes.
Seguro que tamén cho di o meu sorriso cada vez que te vexo ou escoito porque sabes que es ti quen o provoca.
Seguro que os teus brazos tamén o notan cando fas deles o lugar máis acolledor para o meu corpo trémulo.
Mary Carmen
mércores, 14 de febreiro de 2024
Gustaríame Perderme Contigo Nese Lugar Máxico
Gustaríame perderme por aí... Contigo...
Sabes que te penso a cada momento...
Que es o meu todo...
Quixera que tomases a miña man,
Que non me soltases e me levases
A ese máxico lugar onde seríamos dous.
Mesmo xa teño o perfecto escenario
Onde compartir aquela botella de viño branco...
Ven raptarme... Non tardes!!!
Hoxe é o día... Imos???
Mary Carmen





































