xoves, 17 de agosto de 2017

Noa Na Ofrenda Floral Á Virxe Peregrina 2017

O sábado 12 de agosto celebrouse na nosa cidade, Pontevedra, A Ofrenda Floral á Virxe Peregrina. E alá estabamos nós, claro!!!
Este ano eramos máis mulleres da familia a participar no evento.
Noa, a máis reciente incorporación, a que nos trae a todos loquiños non podía fallar!
E todas estabamos co sorriso de orella a orella por tela alí connosco.
A tía Mary, como tódolos anos, non fallou a unha tradición que mantén dende ben pequeniña!
A tía Conchy tamén quixo unirse a nós!
Este ano o vermello e o negro foron os protagonistas nas nosas roupas.
Nun desfile que comezou na Praza da Pedreira e que discorreu por diversas rúas da vila.
Coa mamá de Noa sempre a empurrar o carriño, toda chea, ela!
E sempre con ganas de troula!
Non deixamos de saudar a Valle Inclán que nin se inmutaba con tantas persoas a pasar á súa beira!
Pasamos pola Praza de Curros Enríquez.
Amenizados coa música dos nosos gaiteiros.
Admiramos unha das fontes con que o gran Sesmeros adornou A Boa Vila.
E albiscamos as características casas asoportaladas.
Adentrándonos na Rúa Manuel Quiroga.
Tamén pasamos diante do Teatro Principal.
Pisando o chan empedrado de Pontevedra.
Ás veces camiñabamos entre sol e sombra.
E outras a pleno sol.
Na Praza de España estaba xa todo preparado para disfrutar dos concertos.
E moitas persoas se agolpaban para vernos pasar.
Entramos xa na Rúa Michelena.
E nós sempre ao ritmo dos gaiteiros.
E ningunha de nós manifestaba signos de cansazo!
As flores dos nosos ramos amosaban variedade de colorido.
E eran livianiñas de levar.
Nesta rúa fixéronse bastantes paradiñas.
E os grupos comezaron a distanciarse.
Houbo un momento en que alcanzamos os 5 minutos de fama!!!
Fomos entrevistadas pola TVG!!!
E xa por fin puidemos ver a característica silueta da Capela da Peregrina.
Diante dela, na Praza da Peregrina, todo era animación e algarabía!!!
Collemos a Noa no colo.
Que con só cinco mesiños tamén levaba a súa ofrenda floral para a virxe.
E chegou o momento de acercarse a deixar as flores.
Todos queriamos inmortalizar o momento!
A nai de Noa toda feliz e contenta e a nena esperta, tranquila e segura no colo da nai!
Instantes de gran ledicia!
E emoción dentro do santuario.
O refuxio en forma de cuncha de vieira.
A avoa máis feliz de Pontevedra!
E parte do estranxeiro!!!
A madriña non quixo perder este momento da afillada.
E o fotógrafo non se cansaba de sacar fotos...
E máis fotos.
Verdade que está moi linda esta co cruceiro da Praza da leña?
A verdade é que é un marco incomparable!
E estes momentos nai e filla?
Preciosos!!!
A que si??
A gran protagonista do día tampouco se cansaba de disfrutar.
A Igrexa de San Bartolomé contemplounos regresando da emotiva xornada.
Para todos nós.
Pero sobre todo para esta ricura que mira todo cos ollos ben abertos.
E que despois de todo o vivido aínda estaba así de ben!!!!
 CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA OFRENDA

luns, 17 de xullo de 2017

¡Canta! ¡Baila! ¡E Sorrí Sempre!

¡Salta! ¡Canta! ¡Baila! ¡E Sorrí Sempre!!!
¡Porque Se Ti Sorrís, O Mundo Sorrirá Contigo!!!

 ♪♫¡Parabéns Para Ti!!! ♪♫¡Parabéns Para Ti, Mary!!! ♪♫¡Moitos Bicos!!!

xoves, 29 de xuño de 2017

Emotivas Palabras Dos Meus Alumnos

O Outro día, en pleno festival de fin de curso, os meus alumnos sorprendéronme con estas emotivas palabras! (Clicade na foto para que comece a presentación.)
https://2dd17efb-a-62cb3a1a-s-sites.googlegroups.com/site/mcmoledogz/A%20nosa%20profe%20Mary%20Carmen2.swf?attachauth=ANoY7cpYrIyNZLMjEUT_s1BKNymSrZvC-ItHv8Z7d77BkJpnH7H7qd_5109EZgJHxQKtY0FIy2BoQxVz209DnIj8zHRhMI7rrcFX5_lCBDp_luUzS3IWAk_KmBDhxH2o_-SbbTEtKChqkAm73OqkUpaUanWHgm5V3CSGv4sJWUPa9ya_pQ27w6IAvjJ1vdv0_F9FZqlYrOUbOGAhewWuqoXWbiCh3uHjTS6czFQSbEHljU5Uw545h8k%3D&attredirects=0
Moitas Grazas!!!

sábado, 13 de maio de 2017

Seguindo O Meu camiño

E eu aquí estou...
Continúo indo...
Seguindo o meu camiño...
Non sei se me irei perder...
Ou pola contra,
Se me vou encontrar...

luns, 10 de abril de 2017

Noa: Soños Perfumados

Noa…! Ti traes ata nós soños perfumados!
Soños perfumados de amor, ledicia, sorrisos e bos desexos!

mércores, 8 de marzo de 2017

8 De Marzo Día Da Muller

Para ti, muller!
Para ti, amiga!
 Porque un día é pouco para celebrar a nosa constante loita!

martes, 28 de febreiro de 2017

Sumerxidos No Entroido

Estes días que andamos
Todos sumerxidos
Na voráxine do Entroido
Véñenme á cabeza
Aquelas palabras
E tamén o ritmo
Que alguén cantou:
Non hai que chorar,
A vida é un carnaval!
E é que a vida
É moito máis bonita
Se se vive cantando!
E á música nós
Na nosa terriña
Unimos, claro está,
Un bo xantar:
O lacón e os grelos
Que ricos están!
E para adozarmos
Un pouco máis os nosos días
Orellas e filloas na pedra
Tan finas coma puntillas
Non podían faltar!

venres, 27 de xaneiro de 2017

Agora É Momento De Non dubidar

Agora é o momento de non dubidar...
Temos que tirar para diante e subir sempre ao máis alto...
Porque a vida sabe sempre a onde nós podemos chegar...

venres, 13 de xaneiro de 2017

75.000 Visitas e 75.000 Grazas!

E hoxe, grazas a vós, acadamos as 75.000 vistas no blogue.
Moitas grazas a todos! E continuade por aquí!

O vento, a chuva, o sol, o frío
Todo vai e ven, todo ven e vai.
Orides Fontela

martes, 10 de xaneiro de 2017

Camiñar Sen Nunca Renderse

O camiño da vida está cheo de novos descubrimentos, de paradas obrigatorias para a felicidade...
E aquí estou eu... 
Eu sei que vou, que preciso camiñar...
Por iso insisto na camiñada...
Non podo ficar parada...
Por iso agora podo dicir que camiñei... 
Camiñei e camiñei...
Só así é como conseguín o que quixen...
Continuando a camiñar sen nunca renderme...

venres, 30 de decembro de 2016

¡Feliz 2017 Cun Sorriso Nos Beizos!

Dedico a todos os nosos lectores e amigos un desexo risoño de que o ano novo 2017, que xa está aí, ás portas, veña repleto de deslumbrantes paisaxes e fermosos vieiros por percorrer.
 Que cada alborada, cando o sol está a nacer, se renoven as nosas forzas e ansias de continuar no camiño sempre cun sorriso nos beizos e paz no noso interior! 
¡FELIZ 2017!

sábado, 24 de decembro de 2016

Xa Chega O Nadal, Feliz Nadal!

Xa chega O Nadal, un tempo para agradecer, reflexionar e celebrar.
No Nadal xorden novos sentimentos e  refórzase a esperanza nun mañá mellor. ¡Polo Nadal saca o mellor dos teus sorrisos!¡E disfruta cos que máis queres! ¡Para O Nadal deséxoche felicidade! ¡Para o ano novo Prosperidade! ¡E para sempre unha boa amizade! Que neste Nadal se acendan as nosas pequenas luces, e podamos dicir de verdade:
¡Feliz Nadal!
CLICAR NA FOTO PARA QUE COMECE UNHA PRESENTACIÓN DE NADAL!
V
 Son os desexos de Camelia Branca do Ar para todos vós lectores e amigos nestas datas tan entrañables!

sábado, 10 de decembro de 2016

Pespuntear O Andamento Da vida

Quen me coñece sabe canto me gusta a música!

É algo que sempre lembro: eu ben pequeniña, a escoitar a voz da miña avoa.
Ela cantaba mentres ía cosendo o andamento da vida naquela máquina de coser que funcionaba co movemento da man. A súa man xiraba e xiraba ao ritmo do son que ela emitía.
E así na atmosfera do cuarto onde ela traballaba íanse ganduxando as notas das cancións de moda na época ao mesmo tempo que unha saia, unha camisa... tomaban forma na tela traspasada polas agullas.
Ee u alí, ao pé dela a tararear, ribetear e pespuntear...

martes, 29 de novembro de 2016

A Miña Emoción Non Ten Fin


Como un vento no bosque,
A miña emoción non ten fin.  
Nada son, nada me resta.
Non sei quen son para min.
E como entre a arboreda
Hai grandes sons de follaxe,
Tamém axito segredos
No fondo da miña imaxe...
Fernando Pessoa

mércores, 23 de novembro de 2016

Solpor: Encanto Romántico

No solpor do día,
Cando o ceo nos mostra
Toda unha paleta de cores sobre nós,
As estrelas van saíndo do seu aconchego.
E entón, hai certos momentos,
En que todo me parece romántico.
Incluso o duro asfalto                                       
Toma certo encanto.
As árbores da paisaxe
Moven os brazos cal brancas pantasmas
E eu, conducindo cara á casa,
Déixome levar por esa estrada infinita,         
Agora case solitaria,
Iluminada só de cando en vez
Polos faros dos solitarios coches,
Lucecús improvisados
Con lembranza de xogos de infancia.

mércores, 12 de outubro de 2016

Tres Direccións E Un Destino

O día era soleado.
Os meus pasos leváronme 
Ata o cume da montaña.
E alí estaban eles. 
Tranquilos e calmos no seu  pacer ...
Eu non precisaba ollar para atrás...
Nin ousaba falar                                            
Sabía que estaban alí...
As forzas aliáronse 
Para unha unión infinita.
Tres direccións a seguir:
De fronte, á dereita e á esquerda...
Pero todos sabíamos 
Que no final un mesmo destino nos agardaba.