luns, 4 de novembro de 2024

Só Nós Sabemos O Que É O Amor

Ás veces penso que só ti e mais eu sabemos o que é o amor...

Só ti e eu sabemos o que é amar... Porque só ti e eu sabemos o longo camiño que temos que percorrer para ter o agarimo dun bico... O acubillo dun abrazo... 

Tamén so ti e eu sabemos que percorremos ese camiño unha e outra e mil veces... Xa que, aínda cansados, chegamos sempre namorados....Sí... Namorados...  Ti de min e eu de ti...

Namorados pola eternidade ... Ti e mais eu... Porque só ti entre tanta xente... Só ti es quen chega dentro do meu corazón...  Mary Carmen