
Os meus pasos leváronme
Ata o
cume da montaña.
E alí estaban eles.
Tranquilos e calmos no seu
pacer ...
Eu non precisaba ollar para atrás...
Nin ousaba falar
Sabía que estaban alí...
As forzas aliáronse
Para unha unión infinita.
Tres direccións a seguir:
De fronte, á dereita e á esquerda...
Pero todos sabíamos
Que no final un mesmo
destino nos agardaba.