Leves serán os nosos pasos se doces son os
nosos pensamentos.
xoves, 25 de agosto de 2016
mércores, 17 de agosto de 2016
¡Feliz Cumpleaños, Cris!
¡Feliz Cumpleaños, Cris!
Ola Kicho:
Hoxe é o teu aniversario
Aquí!

Hoxe é o teu aniversario
E como ves non nos esquecemos de ti...
Porque ti non estás aquí preto de nós
Pero si continúas a estar
Nos nosos corazóns...
Nos nosos corazóns...
Ti non estás aquí...
Ti estás onde o sol esperta,
Onde o vento manda bicos,
E por iso o sorriso sempre brilla...
Moitos bicos e ata cando ti queiras...
Nós estamos sempre Aquí!
xoves, 11 de agosto de 2016
Arrandearme Co Canto Das Ondas
Cando era pequena gustábame moito arrandearme
durante horas e horas…
Era só sentarme e comezar a dar impulso co meu
corpo, adiante e atrás, atrás e adiante...
E axiña estaba a voar alto, moi alto...
E axiña estaba a voar alto, moi alto...
Era a campeona! Ninguén conseguía acadar o punto que eu tocaba cos meus pés...
E mentres estaba alí, dálle que dálle, que eufórica
sensación corría polas miñas veas!
Era sensacional!
E a parte final non lle quedaba atrás...
Pois eu, para acabar, non deixaba que a
arrandeeira perdera as forzas e, mentres estaba no máis alto, collía e soltábame,
e dando un pincho coa lixeireza do meu gato negro, saltaba moi alto e caía de pé,
lonxe do alcance da que ata alí tiña sido a miña compañeira de voo...
Agora, que xa pasou un tempiño, lembro con
saudade aqueles tempos felices e despreocupados da miña nenez, mentres me deixo
levar polo doce bambán arrolada co canto das ondas...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)