E hoxe, este blogue, Camelia Branca Do Ar, un blogue que naceu sen ningunha pretensión, simplemente a de expresar emocións, chegou ás 30.000 visitas. Por iso deixo a todos os que fazedes que día a día este blogue siga vivo todo o meu cariño!Moitas Grazas!
mércores, 28 de agosto de 2013
venres, 23 de agosto de 2013
O Sol Ou Mancha Amarela?
Estes días de verán,
en que por fin o sol raiou con todo o seu esplendor, foron días de disfrutar da
praia pero tamén de relaxados paseos por sendas sombrías, rodeadas de frondosas
árbores que refrescaban o noso lento camiñar.
E é unha ledicia
contemplar a marabillosa paleta de cores que nos ofrece a natureza nesta estación
tan tola que nos tocou en sorte este ano.
E por destacar, vou
deixar esta imaxe amarela dos xirasoles, que me fan lembrar aquelas palabras de
Pablo Picasso:
“Hai persoas que
transforman o sol nunha simple mancha amarela, pero tamén hai aquelas que fan de
unha simple mancha amarela o propio sol.”
martes, 13 de agosto de 2013
Ofrenda Floral Peregrina 2013
E como todos os anos no segundo sábado de
Agosto dan comezo as festas de verán da cidade de Pontevedra, as Festas Da
Peregrina.
E a primeira actividade, despois do pregón é o traslado da carroza
da Virxe ata o Santuario da Nosa Señora Do Santo Refuxio, como tamén se coñece a
igrexa onde se venera a Virxen Peregrina. E, como non
podía ser menos, aquí estamos nós a cumplir a tradición de participar na ofrenda
de flores á Virxen Peregrina.
Xa vos contei outros anos que a miña filla
máis vella, que por razóns de traballo vive en Sevilla, chega estes días a
propósito a Pontevedra para cumprir esta tradición na que leva participando
desde os dous anos de idade.
Xa no día anterior toca preparar a roupa,
pasar o ferro a enaguas e camisas, dispoñer zapatos, medias e adobíos... Deixando
para o mesmo sábado a recollida das flores que imos ofrecer.

E xa na mañá do sábado, resultou que o sol,
que en toda a semana non visitara Pontevedra, pois presentouse en todo o seu
explendor, coa súa dourada capa de raios extendida sobre a cidade.

Aínda así o desfile levouse sen moitos agobios
de calor e despois de escoitar o pregón, e coa algarabía do público asistente e
a música das comparsas e agrupacións folklóricas, a comitiva iniciou a súa
marcha desde a Praza de Mugartegui recorrendo lugares tan espectaculares para
o visitante como a Praza da Verdura, a Praza da Leña, A Ferrería...
Un dos
momentos máis emocionantes é cando chegamos diante do Santuario, coa praza chea de persoas espectantes, e presenciamos
con elas, a difícil subida da carroza ao Santuario.
E unha vez cumprida a nosa misión de deixar a
nosa ofrenda, aos pés da nosa Padroeira, unímonos á alegría reinante na cidade
do Lérez polo comezo da semana grande das festas.
E, desde o blogue Camelia Branca Do Ar quero
invitarvos a que visitedes Pontevedra, sempre paga a pena... E como xa dicía unha
antiga cantiga galega:
Eu si vou a Pontevedra,
non vou por ver os soldados,
vou por ver A Peregrina
a dos pendentes dourados
martes, 6 de agosto de 2013
Sentimentos De Ánimo E Conforto
A vida ás veces preséntanos duras probas como
son as perdas de seres queridos...Perdas que nos deixan con arrepíos no corazón
e que só o calor do amor pode facer aquecer de novo.
E é que a vida é así tan inxusta que nesas
situacións eu quixera ter unha variña máxica e poder escorrentar ou desfacer
todos os problemas, infelicidades e tristuras das persoas que están a pasar ese
amargo trago para así aliviar a súa dor. Pero, infelizmente, non existe o tal
artiluxio...
E tamén nesas circunstancias non sei moito o
que dicir, non encontro as palabras para expresar o que sinto dentro de min..
E é que, como xa dicía Sigmund Freud "Existen
momentos na vida da xente, en que as palabras perden o sentido ou parecen inútiles
e, por mais que a xente pense nunha forma de emprega-las, elas parecen non
servir. Entón a xente non di nada, apenas sente."
Por iso, eu, deixo agora os meus sentimentos de
pesar pero tamén de ánimo e conforto para todas aquelas persoas que están a
sentir a perda de un amigo, de un ser querido...
venres, 2 de agosto de 2013
Eu Tiña Unha Vida
Eu tiña unha vida
E ti chegaches a
ela...
Ti, sí, ti,
Sorriso de neve cálido
no teu rostro...
Ti, sí, ti,
Traendo arrepíos
Salgados de auga
Alá xunta o mar...
Alá...
Onde o balbordo
das ondas
Contra as rochas
ao chocar
Non deixaban oír o
meu corazón.
El, do meu peito
quería pular
Ao sentir o meu
corpo,
Ávido de ti,
Responder ao teu
bicar
E desexar a ti
Por enteiro se
entregar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)